O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, asígnalle á comunidade autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais, establece, no seu artigo 53, que nos orzamentos xerais da comunidade autónoma se consignarán as cantidades necesarias para facer fronte ao cumprimento dos gastos derivados do exercicio das competencias da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais, así como á súa participación no financiamento de servizos, programas e prestacións do sistema.
A Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co establecido no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, así como no Decreto 335/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, é o departamento da Xunta de Galicia ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de servizos sociais.
Así mesmo, a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, da infancia e da adolescencia, establece, no seu artigo 15 a), como unha medida de prevención de posibles situacións de risco, o apoio á infancia e á adolescencia a través de medidas técnicas dirixidas a cubrir as necesidades básicas e a mellorar o contorno familiar. Así mesmo, no artigo 12 a) establece a obriga dos poderes públicos de desenvolver actuacións preventivas e asistenciais que garantan servizos de información e asesoramento ás familias que, entre outras cousas, busquen solucións adecuadas ás distintas problemáticas que se poden dar no seo da familia.
A mediación familiar regulouse en Galicia por medio da Lei 4/2001, do 31 de maio, como unha actividade de interese público promovida pola Xunta de Galicia en razón da indubidable utilidade pública que representa a axeitada organización e prestación deste servizo para as familias e as unidades de convivencia estable. O artigo 17 da lei determina que corresponde exercer á consellería competente en materia de familia o acceso a esta institución como medida de apoio ás familias nas situacións de conflito.
Posteriormente, o Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura da persoa mediadora, creou o Rexistro de Mediadoras e Mediadores Familiares de Galicia e estableceu o recoñecemento da medición gratuíta e prevé a posibilidade de asinar convenios de colaboración cos correspondentes colexios profesionais ou asociacións para atención da medición gratuíta.
Despois da experiencia dos anos de funcionamento do programa de mediación familiar, e debido á súa insuficiente rendibilidade no que a número de casos atendidos se refire, faise necesario impulsar un maior coñecemento e aproveitamento social deste recurso e achegalo a toda a cidadanía, polo que cómpre establecer unha liña de subvencións de cobertura de custo dos procesos de mediación familiar (Mediagal) como medio de garantir os dereitos de todos os membros das familias.
Esta orde adáptase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE do 18 de novembro) e ao regulamento que a desenvolve aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e ao regulamento que a desenvolve, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; así mesmo adáptase ao disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, atendendo en todo caso aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos e os demais requisitos exixidos na Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.
As subvencións que se establecen no articulado desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312A.481.0 (código de proxecto 2010 00730), na cal existe crédito adecuado e suficiente, recollida na Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, destinándose un importe de 8.000 euros, que poderá ser obxecto de incremento segundo a demanda e a dispoñibilidade orzamentaria. O referido incremento de crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito ao abeiro do artigo 30.2º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
A través desta orde publícase a convocatoria das referidas subvencións, que se tramitarán baixo o réxime de concorrencia non competitiva, sen que se produza comparación entre elas. A elección deste procedemento vén motivado pola propia natureza das subvencións, xa que a súa condición unicamente a determina o cumprimento por parte das persoas solicitantes dos requisitos establecidos na propia orde.
En virtude do exposto anteriormente, e en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, desenvolvida polo Decreto 79/2009, do 19 de abril, o Decreto 83/2009, do 21 de abril, e mais o Decreto 335/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin que foron establecidos,

DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
Esta orde ten por obxecto a convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, e a aprobación das bases polas que se rexen as subvencións para a cobertura dos custos dos procesos de mediación familiar que se celebren dentro do marco do programa Mediagal, de mediación familiar galega ao longo do ano 2010.

Artigo 2º.-Tipo de subvención.
A subvención convocada consiste na cobertura do custo dun proceso de mediación familiar cun máximo de seis sesións, mediante a adxudicación e entrega ás persoas beneficiarias de cheques de servizo gratuíto cun valor nominal de 60 euros por sesión de mediación e ata un máximo de 360 euros.

Artigo 3º.-Persoas beneficiarias.
1. Poderán ser beneficiarias as persoas residentes en Galicia unidas por vínculo matrimonial ou que forman unha unión estable de parella, que se atopen nun proceso de separación, divorcio ou nulidade do matrimonio ou ben de ruptura da unión, así como en conflitos de convivencia e que teñan ou non iniciado ou solicitado a iniciación dun proceso de mediación a partir do 1 de xaneiro de 2010 con algún das e dos profesionais inscritas e inscritos no Rexistro de Mediadoras e Mediadores de Galicia e que estean adheridos ao programa Mediagal de mediación familiar galega.
2. As persoas beneficiarias deberán reunir os requisitos que se determinan no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4º.-Solicitudes e documentación.
1. As solicitudes de subvencións formularanse no modelo oficial normalizado que se publica como anexo I desta orde, debidamente cuberto e subscrito polas persoas solicitantes xunto coa seguinte documentación:
a) Copia do libro de familia ou declaración xurada de convivencia.
b) Declaración xurada de non percibir subvencións para igual ou análoga finalidade outorgadas por outras administracións públicas ou, de ser o caso, relación das solicitadas.
c) A acreditación do inicio ou solicitude de inicio do proceso de mediación que xustifica a solicitude de subvención será comprobada de oficio pola Administración mediante a consulta das solicitudes de designación de profesionais mediadores.
Respecto das persoas solicitantes, a presentación da solicitude comportará a autorización da Consellería de Traballo e Benestar para obter do Ministerio da Presidencia os datos dos seus respectivos documentos nacionais de identidade. No caso de que as persoas solicitantes non queiran autorizar á Consellería de Traballo e Benestar para obter os datos do seus respectivos DNI, terán que achegar a copia deses documentos.
Por outra banda, e tamén respecto das persoas solicitantes, a presentación da solicitude comportará a autorización da Consellería de Traballo e Benestar para obter do Ministerio da Presidencia os datos relativos ao empadroamento dos referidos solicitantes. No caso de que as persoas solicitantes non queiran autorizar a Consellería de Traballo e Benestar para obter os datos de empadroamento, terán que achegar certificado de empadroamento.
2. No caso de que non estivese iniciado o proceso de mediación, a solicitude de subvención presentarase segundo modelo oficial que se achega como anexo I a esta orde, xunto coa solicitude de designación da persoa mediadora, mediante instancia segundo modelo oficial (anexo II), publicado no Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro (DOG nº 34, do 18 de febreiro) debidamente cuberta e subscrita polas persoas interesadas.

Artigo 5º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes e a documentación requirida presentaranse, de conformidade cos modelos oficiais normalizados, nas oficinas do Rexistro Único e Información, no complexo administrativo de San Caetano, ou ben por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
2. O prazo para presentar a solicitude de subvención iniciase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 31 de outubro de 2010.
3. Se a documentación exixida no artigo 4º desta orde non estivese completa, requiriranse os solicitantes para que, no prazo de dez (10) días, acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixesen, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos establecidos no artigo 42 da Lei 30/1992.

Artigo 6º.-Resolución.
1. Correspóndelle á Secretaría Xeral de Familia e Benestar a resolución destas subvencións por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, de conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.
A resolución de concesión destas subvencións será notificada ás persoas interesadas no prazo de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da entrada da solicitude no correspondente rexistro. Transcorrido o dito prazo sen notificar as resolucións, as solicitudes entenderanse desestimadas.
2. A resolución que pon fin ao procedemento regulado nesta orde esgota a vía administrativa, polo que as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa; se non o fose, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá formularse recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acto administrativo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa; se non o fose, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 7º.-Procedemento de materialización da subvención.
As persoas beneficiarias, xunto coa resolución de concesión, recibirán cheques de servizo cun valor nominal de 60 euros por sesión de mediación, ata un máximo de 360 euros.
Os cheques servizo correspondentes serán entregados polas persoas beneficiarias á/ao mediadora/or designada/o para o proceso, pola súa intervención profesional.
A realización da mediación xustificarase coa factura do servizo e coa acta final que puxo fin á mediación asinada pola/9 mediadora/or e polas partes solicitantes da mediación, que serán achegados pola mediadora/or xunto cos cheques servizo para o seu aboamento á Secretaría Xeral de Familia e Benestar.
Os cheques servizo serán efectivos a partir da data que se fixe na resolución e terán unha validez limitada ao ano 2010.

Artigo 8º.-Obrigas das persoas beneficiarias.
1. As persoas beneficiarias destas subvención están obrigadas a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG do 25 de xuño), de subvencións de Galicia, entre outras obrigas:
a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
b) Xustificar ante o órgano concedente, se é o caso, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
Esta comunicación deberá efectuarse no momento que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
f) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. E ademais, especificamente as persoas beneficiarias destas subvencións están obrigadas a:
a) Destinar os cheques servizo á finalidade para a cal se concede.
b) Comunicar calquera alteración das condicións que motivaron o seu otorgamento.

Artigo 9º.-Reintegro.
Procederá o reintegro, total ou parcial, das subvencións públicas, xunto cos xuros de demora xerados segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG do 25 de xuño), de subvencións de Galicia nos seguintes casos:
a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.
b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.
c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 28 desta lei e, se é o caso, nas reguladoras da subvención.
d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3º do artigo 15 desta lei.
e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control orzamentario previstas nos artigos 11 e 12 desta lei, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
f) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
g) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
h) Adopción, en virtude do establecido nos artigo do 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.
i) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.
Disposicións adicionais
Primeira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Traballo e Benestar na secretaria xeral de Familia e Benestar para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73 a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Segunda.-A concesión destas subvencións terá como límite global a dispoñibilidade orzamentaria consignada para esta finalidade. En todo caso, a concesión das subvencións previstas nesta orde quedará condicionada á existencia de crédito disponible, de acordo co establecido no artigo 31.4º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o cal cando o procedemento non leve aparellado o esgotamento do crédito nun só acto de concesión, senón que a súa disposición se realice en actos sucesivos, o órgano xestor deberá publicar, na forma que regulamentariamente se estableza, o esgotamento da partida orzamentaria asignada e a non admisión de posteriores solicitudes destinadas a participar del.
Terceira.-Sen prexuízo do disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, as persoas beneficiarias destas subvencións quedan suxeitas ao réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.
Cuarta.-As subvencións concedidas ao abeiro desa orde non se publicarán por ser un dos supostos de excepción establecidos no artigo 15.2º d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 9.3º do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 e no artigo 13.6ºa) da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase a secretaria xeral de Familia e Benestar para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

No hay comentarios:
Publicar un comentario