O artigo 63 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008 (DOG do 31 de decembro de 2007), prevé que nos tributos xestionados pola Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia, e en corrección do resultado obtido na comprobación de valores, os interesados poderán promover a práctica da taxación pericial contraditoria.
A taxación pericial contraditoria é un procedemento probatorio á disposición dos obrigados tributarios polo cal a Administración tributaria se compromete a aceptar a valoración sinalada por un terceiro perito, independente respecto de ambas as dúas partes, que así dirime a controversia que se suscitou respecto das valoracións realizadas polos órganos competentes da devandita Administración tributaria.
Na regra 4ª, punto primeiro, do artigo 64 da Lei 16/2007, onde se regula o procedemento de taxación pericial contraditoria, establécese a posibilidade de que a Administración tributaria competente poida establecer honorarios estandarizados para os peritos terceiros que deban de ser designados, de modo que a aceptación da súa designación determine a aceptación dos honorarios aprobados pola Administración.
Considerando que o pagamento dos honorarios do perito terceiro pode corresponder á Administración ou ao obrigado tributario dependendo da diferenza existente entre a valoración que realice o dito perito e o valor comprobado administrativamente, esta Administración considera que o establecemento de honorarios máximos contribúe a dotar de maior seguridade xurídica ambos os dous, posto que permite realizar unha estimación dos honorarios a que terían que facer fronte.
De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e o artigo 64 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008.

No hay comentarios:
Publicar un comentario