¿Te ha gustado el blog? Qué tal si nos regalas un +1

lunes, 10 de marzo de 2014

CONVOCADAS AS AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL E DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO PARA O ANO 2014

Estimada/o usuaria/o
O DOG nº 46 de data de 7 de marzo de 2014, publica a Orde do 21 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo, cofinanciada parcialmente polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
Esta orde recolle distintas axudas coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social e apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación deste tipo de empresas, establecendo axudas para os seguintes programas:
  • Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, este programa está dirixido a fomentar a incorporación de persoas desempregadas e traballadores/as con carácter temporal, como socios/as traballadores/as ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido.
  • Fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora, este programa está destinado a financiar parcialmente a achega ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio/a traballador/a ou de traballo de cooperativas e sociedades laborais.
  • Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, este programa está destinado a facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais, tanto de nova creación como os xerados polas entidades existentes.
  • Promoción das cooperativas xuvenís, este programa está dirixido a apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación de cooperativas xuvenís mediante subvencións directas para o financiamento dos custos derivados do lanzamento da actividade.
  • Intercooperación e integración cooperativa, a través deste programa impúlsanse especificamente as actividades de intercooperación, realizadas de forma conxunta por entidades de economía social, especialmente os procesos de integración empresarial cooperativa co fin de acadar a dimensión necesaria para mellorar a competitividade, capturar maior engadido e satisfacer adecuadamente as necesidades das persoas que forman a cooperativa

O prazo para solicitar a estas subvencións remata o próximo 7 de abril de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario