¿Te ha gustado el blog? Qué tal si nos regalas un +1

martes, 25 de octubre de 2011

Rexistros Administración Xeral e Entidades Públicas.

Organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
DECRETO 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Exposición de motivos
A normativa legal vixente recoñece unha serie de dereitos aos/ás cidadáns/ás nas súas relacións coas administracións públicas que quedan reflectidos no artigo 35 (Dereitos dos cidadáns) e no artigo 37 (Dereito de acceso a arquivos e rexistros) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
DISPOÑO:
CAPÍTULO I
Disposicións xerais
Artigo 1. Obxecto.
Este decreto ten por obxecto establecer o marco xurídico do Sistema Único de Rexistro da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.
Artigo 2. Ámbito de aplicación.
1. Este decreto será de aplicación a todos os órganos, servizos e unidades da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ás entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, sempre que a presenza e participación da Administración sexa, directa ou indirectamente, maioritaria e exerzan potestades administrativas.
No caso de que estas últimas entidades non exerzan potestades administrativas,
para optar polo Sistema Único de Rexistro deberán subscribir o oportuno convenio coa consellería competente en materia de administracións públicas.
2. O ámbito de aplicación deste decreto estenderase ás entidades da Administración local, universidades públicas e institucións estatutarias da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a entidades públicas con independencia funcional ou cunha autonomía especial recoñecida pola lei, sempre que opten pola súa inclusión no Sistema Único de Rexistro regulado neste decreto mediante o asinamento dun convenio coa consellería competente en materia de administracións públicas que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
3. Este decreto aplícaselles aos/ás cidadáns/ás que se relacionan coa Administración da Comunidade Autónoma nas súas actuacións de rexistro. Todos/as os/as cidadáns/ás teñen dereito de acceso aos rexistros administrativos e a liberdade para presentar solicitudes, escritos e comunicacións en calquera deles, á súa elección.

Artigo 3. Sistema Único de Rexistro.
1. O Sistema Único de Rexistro é o conxunto de órganos, servizos e unidades que realizan funcións de rexistro de entrada e/ou saída de cantas solicitudes, escritos, comunicacións e documentos se reciban ou remitan na Administración xeral da Comunidade Autónoma e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, para a súa debida constancia, coa finalidade de facer real e efectivo o principio de proximidade aos/ás cidadáns/ás.
2. O Sistema Único de Rexistro está integrado polos rexistros presenciais: o Rexistro Xeral e os rexistros auxiliares, e polo rexistro electrónico.
3. O Sistema Único de Rexistro dependerá da consellería competente en materia de administracións públicas.
Artigo 4. Rexistro presencial e rexistro electrónico.
1. Para os efectos do presente decreto, enténdese por rexistro presencial o conxunto de órganos, servizos ou unidades, encargados da recepción e/ou remisión, en soporte papel, de solicitudes, escritos, comunicacións e documentos que as acompañen, na Oficina de Rexistro Xeral ou nas oficinas auxiliares da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades incluídas no ámbito de aplicación do presente decreto.
2. Enténdese por rexistro electrónico o instrumento utilizado para a recepción ou remisión, por vía electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións, así como dos documentos que os acompañen, dirixidos aos órganos e entidades incluídos no ámbito de aplicación do presente decreto.
Artigo 5. Actividades propias dos rexistros.
Son actividades propias dos rexistros:
a) A recepción de solicitudes, escritos e comunicacións presentadas polos/as cidadáns/ ás, así como dos documentos que as acompañen, dirixidas ás administracións públicas. (...)
Artigo 10. Lugares de presentación de solicitudes, escritos, comunicacións para o seu rexistro.
1. As solicitudes, escritos e comunicacións que os/as cidadáns/ás dirixan aos órganos, entidades e institucións incluídos no ámbito de aplicación deste decreto poderán presentarse:
a) Nos rexistros dos órganos administrativos, entidades e institucións a que se dirixan.
b) Nos rexistros dos órganos, servizos e unidades da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais.
c) Nos rexistros das entidades da Administración local, universidades públicas e institucións estatutarias da Comunidade Autónoma de Galicia, así como das entidades públicas con independencia funcional ou cunha autonomía especial recoñecida por lei, sempre que optasen pola súa inclusión no Sistema Único de Rexistro mediante o asinamento dun convenio de colaboración coa consellería competente en materia de administracións públicas.

d) Nas oficinas de Correos, de acordo coa normativa específica.
libre acceso ás actividades de servizo e o seu exercicio, para aqueles que estean incluídos no seu ámbito de aplicación.
f) En calquera outro rexistro que establezan as disposicións vixentes.
2. As solicitudes, escritos e comunicacións, que os/as cidadáns/ás dirixan aos órganos das administracións públicas en xeral poderán presentarse nos rexistros e lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Artigo 11. Participación de entidades colaboradoras na presentación de solicitudes, escritos e comunicacións.
1. A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións poderá realizarse a través de entidades colaboradoras da Administración xeral da Comunidade Autónoma cando así o determine a normativa reguladora de cada procedemento, servizo ou actuación administrativa.
Neste caso, a dita normativa deberá especificar o colectivo afectado e indicar se a colaboración se limitará á entrega das solicitudes, escritos e comunicacións, ou se, se é o caso, poderá estenderse a calquera outro trámite.
2. Así mesmo, a normativa reguladora deberá precisar as garantías técnicas e organizativas que aseguren fidedignamente a data e hora de presentación, a identidade dos/das cidadáns/ ás, a integridade e autenticidade da solicitude, escrito ou comunicación, a entrega do correspondente recibo aos interesados, así como a transmisión da dita información ao órgano competente para a tramitación do procedemento, servizo ou actuación administrativa a que dea lugar a presentación realizada.
Artigo 12. Cómputo de prazos.
1. A data e hora de presentación das solicitudes, escritos ou comunicacións, en calquera dos lugares previstos no artigo 10, gozará de presunción de certeza para os efectos de acreditación do cumprimento dos prazos por parte dos/as interesados/as que promovan os correspondentes procedementos, servizos ou actuacións administrativas.
2. Respecto aos prazos para a tramitación dun procedemento, servizo ou actuación administrativa, por parte da Administración, estes computaranse a partir da data en que a solicitude teña entrada na oficina de rexistro do órgano administrativo competente.
libre acceso ás actividades de servizo e o seu exercicio, para aqueles que estean incluídos no seu ámbito de aplicación.
f) En calquera outro rexistro que establezan as disposicións vixentes.
2. As solicitudes, escritos e comunicacións, que os/as cidadáns/ás dirixan aos órganos das administracións públicas en xeral poderán presentarse nos rexistros e lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Artigo 11. Participación de entidades colaboradoras na presentación de solicitudes, escritos e comunicacións.
1. A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións poderá realizarse a través de entidades colaboradoras da Administración xeral da Comunidade Autónoma cando así o determine a normativa reguladora de cada procedemento, servizo ou actuación administrativa.
Neste caso, a dita normativa deberá especificar o colectivo afectado e indicar se a colaboración se limitará á entrega das solicitudes, escritos e comunicacións, ou se, se é o caso, poderá estenderse a calquera outro trámite.
2. Así mesmo, a normativa reguladora deberá precisar as garantías técnicas e organizativas que aseguren fidedignamente a data e hora de presentación, a identidade dos/das cidadáns/ ás, a integridade e autenticidade da solicitude, escrito ou comunicación, a entrega do correspondente recibo aos interesados, así como a transmisión da dita información ao órgano competente para a tramitación do procedemento, servizo ou actuación administrativa a que dea lugar a presentación realizada.
Artigo 12. Cómputo de prazos.
1. A data e hora de presentación das solicitudes, escritos ou comunicacións, en calquera dos lugares previstos no artigo 10, gozará de presunción de certeza para os efectos de acreditación do cumprimento dos prazos por parte dos/as interesados/as que promovan os correspondentes procedementos, servizos ou actuacións administrativas.
2. Respecto aos prazos para a tramitación dun procedemento, servizo ou actuación administrativa, por parte da Administración, estes computaranse a partir da data en que a solicitude teña entrada na oficina de rexistro do órgano administrativo.
ANEXO I
Oficinas de rexistro propias
ANEXO II
Oficinas de rexistro conveniadas
• Concello da Baña
• Concello da Bola
• Concello da Cañiza
• Concello da Capela
• Concello da Estrada
• Concello da Fonsagrada
• Concello da Guarda
• Concello da Gudiña
• Concello da Illa de Arousa
• Concello da Lama
• Concello da Laracha
• Concello da Merca
• Concello da Mezquita
• Concello da Pastoriza
• Concello da Peroxa
• Concello da Pobra do Brollón
• Concello da Pobra de Trives
• Concello da Pobra do Caramiñal
• Concello da Pontenova
• Concello da Rúa
• Concello da Teixeira
• Concello da Veiga
• Concello das Neves
• Concello das Pontes de García Rodríguez
• Concello das Somozas
• Concello de Abadín
• Concello de Abegondo
• Concello de Agolada
• Concello de Alfoz
• Concello de Allariz
• Concello de Ames

(...) Para máis informaciónn ver o Decreto

No hay comentarios:

Publicar un comentario