BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO ANO 2011 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS
BASE 1ª.OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
1.1.FINALIDADE
A presente disposición ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convoca-la concesión, para o ano 2011, das Axudas Municipais para o Fomento da Creación de Empresas no ámbito do Concello de Vigo. Este programa de axudas enmárcase no Plan Municipal de Emprego 2008-2011 que o Concello de Vigo pon en marcha, dende a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no Concello de Vigo apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais. 1.2.BENEFICIARIOS/AS
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas, independentemente da súa forma xurídica, que tivesen iniciado a súa actividade empresarial entre o 1 de xuño de 2010 e o 31 de maio de 2011 (entendendo por inicio de actividade a alta no I.A.E.). Para o carácter de pequena e mediana empresa terase en conta o establecido no Regulamento CE número 800/2008 da Comisión de 6 de agosto de 2008.
1.3.REQUISITOSXERAIS DOS/AS BENEFICIARIOS/AS Desenvolver a actividade e ter o seu enderezo fiscal e social en Vigo. Estar en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial e crear alomenos o seu propio posto de traballo, en calquera das formas xurídicas existentes sempre e cando se cumpra cando menos a súa pertenza a un dos colectivos seguintes:
• persoasparadas de longa duración (1)
• maioresde 45 anos
• mozos/asata 30 anos
• mulleres
• persoasdiscapacitadas
• persoaspertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social (2)
No caso de seren varios promotores/as, é preciso que como mínimo o 50% do capital da empresa sexa de titularidade de persoas en situación de desemprego e, ademáis pertencer a algún dos colectivos citados. Que sexan empresas de nova creación -considerando incluídos en tal concepto os traspasos de negocios- sen que se admitan as empresas procedentes da transformación da forma xurídica nin os supostos de sucesión de empresa familiar. Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente. Non ter débedas coa Seguridade Social, coa Consellería de Economía e Facenda, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), nin co Concello de Vigo. Que non desenvolveran igual ou similar actividade empresarial na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade. Non ter percibido subvencións ao abeiro do programa de "Axudas Municipais á Creación de Empresas" do Concello de Vigo nos 4 anos anteriores á data de inicio da nova actividade. Non poderán obter a condición de beneficiario/a os/as empresarios/as e as pequenas empresas nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
(1) Considéranse parados/as de longa duración aqueles que estivesen sen traballo durante polo menos 12 dos anteriores 16 meses, se fosen maiores de 25 anos, e 6 dos últimos 8 se fosen menores de 25.
(2) Considéranse colectivos en risco ou situación de exclusión social os seguintes: Persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia ou aquelas que non poidan acceder a ela, ben por falta do período exixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido, ou membros da súa unidade familiar en desemprego. Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados. Internos/as de centros penitenciarios cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego, así como liberados/as condicionais ou ex-reclusos/as que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade. Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral. Persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia. Mulleres que abandonaran o exercicio da prostitución e se incorporen ao mercado laboral e transexuais ou en procesos de reasignación sexual. Menores internos cuxa situación lles permita acceder a un emprego, así como os que estean en situación de liberdade vixilada e os ex- reclusos/as. Mozos/as que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración Autonómica. Traballadores/as inmigrantes que pasen a ser residentes da comunidade cuxas características condicionen a súa integración social. Emigrantes retornados/as con graves necesidades persoais ou familiares. Persoas que formen parte de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social.
1.4.TIPO, CONTÍA DAS AXUDAS E GASTOS SUBVENCIONABLES
As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade. O importe máximo destas axudas será de 3000€ e non poderá superar os límites que estas bases establecen para cada un dos conceptos considerados obxecto de subvención, nin tampouco exceder da contía total do investimento inicial realizado polos promotores/as.
Os gastos que poderán ser subvencionables, correspondentes ós dous meses anteriores e ós dous meses posteriores ao inicio da actividade, son os seguintes:
A) GASTOS DE CONSTITUCIÓN E APERTURA
Serán susceptibles de subvención no 50%, e cun máximo de 1000,00€, aqueles gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa, tales como:
a1-visado, honorarios e gastos de proxectos técnicos
a2- licenza de obra e licenza de apertura
a3- alta no Rexistro Mercantil
a4-certificación negativa do nome da sociedade
a5- honorarios de notarías por escrituras públicas
a6-publicación no BORME
B) EXISTENCIAS INICIAIS DE MERCADORÍAS
Inclúe a adquisición de primeiras compras de mercadorías, ademais das compras de materias primas e outros consumibles utilizados no proceso de produción.
A subvención máxima por este concepto será do 50% dos gastos efectuados durante o período indicado, cun tope de 1500€.
C) GASTOS DE ARRENDAMENTO DE LOCAIS
A axuda máxima por este concepto será do 50% dos gastos efectuados durante o período indicado, cun tope de 1900€.
D) SUBMINISTRACIÓNS E GASTOS CORRENTES
Son subvencionables os seguintes gastos correntes derivados directamente da realización da actividade empresarial:
d1-auga
d2-teléfono
d3-electricidade
d4-gasóleo/gasolina
d5- material de oficina
d6-asesoría
A subvención máxima por este concepto será do 50% dos gastos efectuados durante o período indicado, cun tope de 1300€.
E) PRIMAS DE SEGUROS
Serán subvencionables os gastos da contratación de seguros directamente relacionados coa actividade empresarial. A subvención máxima neste apartado será do 50% da contía total no conxunto de primas, cun tope de 300€.
F) DEREITOS DE PROPIEDADE INDUSTRIAL
Son subvencionables no 50%, e cun máximo de 100€, os seguintes gastos de rexistro de:
f1-patentes
f2- modelos de utilidade
f3-deseño industrial
f4-marcas de produtos ou servizos
f5- nomes comerciais
f6- dominio en Internet
Queda excluído destas axudas calquera outro gasto non incluído expresamente nos conceptos subvencionables anteriormente relacionados, e en ningún caso consideraranse gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.
1.5.CRITERIOSDE AVALIACIÓN
A concesión de axudas graduarase tendo en conta os seguintes criterios:
1. Emprendedores/as incluídos na base de datos do Servizo de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vigo. Empresas constituídas por emprendedores/as incluídos na base de datos do Servizo de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vigo: 2 ptos.
2. A situación social do colectivo beneficiario indicado no punto 3 da Base 1ª (ata 8 puntos). Esta puntuación será valorada na medida na que se coñeza que os/as socios/as promotores/as sexan pertencentes aos colectivos con maior dificultade de inserción no mundo laboral: → Que sexa o seu primeiro emprego → Menor de 30 anos → Maior de 45 anos → Mulleres → Discapacitados/as Por cada condición que reúna: 2 ptos.
3. Número de postos de traballo creados por conta allea de seis ou máis meses de duración (incluídos os dos propios promotores/as) (ata 10 puntos). Por cada emprego creado: 2 ptos. No caso de xornadas parciais puntuarase por metade.
4. Antigüidade no desemprego dos/as promotores/as e/ou dos/as contratados/as (ata 10 puntos).
Menos de 3 meses: 3 ptos.
De 3 a 6 meses: 5 ptos.
De 6 a 12 meses: 8 ptos.
Máis de 12 meses: 10 ptos.
5. Actividades emerxentes ou novos filóns de emprego (Anexo VII) (ata 10 puntos). Actividades emerxentes ou novos filóns de emprego: 2 ptos. No caso de concorrencia de dous ou máis conceptos nunha misma empresa só se computará o máis alto.
6. Que as persoas promotoras estean empadroadas no Concello de Vigo (ata 10 puntos). No caso de estar empadroada algunha das persoas promotoras: 2 ptos.
7. Polo emprego da lingua galega na realización das actividades propias da empresa Polo emprego da lingua galega na realización das actividades propias da empresa: 1 pto.
No caso de que o montante total das solicitudes debidamente presentadas supere o orzamento previsto na partida dedicada para tal fin, a Comisión de Valoración realizará proposta de resolución conforme aos criterios de avaliación.
Para isto as solicitudes ordenaranse en forma descendente segundo a puntuación obtida trala aplicación dos citados criterios, sendo o importe a subvencionar o calculado, para cada solicitante, segundo o previsto no punto 1.4. destasbases, ata esgotar a cantidade máxima autorizada.
No caso de que dúas ou máis empresas acaden a mesma puntuación e só houbera crédito orzamentario para unha ou algunha delas terase en conta o seguinte criterio de desempate:
Terán preferencia as solicitudes que acaden unha puntuación máis alta no número de postos de traballo creados e no caso de persistencia da igualdade de puntuación terase en conta a antigüidade no desemprego dos/as promotores e das persoas contratadas.
1.6.ALTERACIÓNDAS CONDICIÓNS DE CONCESIÓN DAS AXUDAS
A empresa deberá manter a súa actividade e as condicións que deron lugar á concesión da subvención durante un mínimo de dous anos contados dende a data da resolución de concesión. A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá poderá realizar as comprobacións que estime oportunas, ben mediante requirimento da documentación necesaria ou ben mediante visita á empresa, para os efectos de comprobar o cumprimento das obrigas establecidas neste punto.
Calquera alteración nas condicións iniciais tidas en conta para a concesión desta subvención deberá comunicárselle á Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá no prazo dun mes dende a súa modificación.
O cese da actividade ou a modificación das condicións que deron lugar á concesión da subvención, salvo causa xustificada a xuízo da Xunta de Goberno Local, antes de que transcorrera un ano dende o inicio da actividade empresarial será causa de reintegro total da subvención. A partires deste ano, o cese da actividade ou a modificación das condicións da subvención, dará lugar ao reintegro da metade da subvención, salvo tamén causa xustificada a xuizo da Xunta de Goberno Local ou que o incumprimento das condicións se aproximara substancialmente ao cumprimento.
En todo caso, se a Administración municipal apreciase mala fe ou fraude nos motivos do cese da actividade ou do cumprimento das condicións da subvención procederá ao reintegro do importe íntegro da subvención.
BASE 2ª.EXCLUSIÓNS E INCOMPATIBILIDADES
O conxunto de axudas desta convocatoria son compatibles con calquera outra concedida por empresas públicas ou privadas, estatais ou internacionais, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
a) O importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non poderá superar o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas. En tal caso cando a actividade fose financiada con outros recursos deberá xustificarse o importe, procedencia e aplicación de tales fondos.
b) Cando se trate de axudas compatibles entre si dadas en concepto de "minimis", por calquera Administración pública e para calquera tipo de gasto, non poderá superarse en todo caso o límite de 100.000€ nun período de dous anos para o mesmo/a beneficiario/a.
BASE 3ª.COMPETENCIA E PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN
3.1.INSTRUCIÓNE TRAMITACIÓN DAS AXUDAS O procedemento para a concesión destas subvencións iniciarase de oficio tras a aprobación das presentes bases e convocatoria pola Xunta de Goberno Local e tramitarase en réxime de concorrencia competitiva (a concesión das subvencións realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas a fin de establecer unha prelación entre as mesmas, en función dos criterios de valoración recollidos no apartado 1.5). A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá será a encargada da tramitación das solicitudes e, tras o informe da Comisión de Valoración, proporalle a concesión e denegación das axudas á Xunta de Goberno Local. A Xunta de Goberno Local será o órgano competente para conceder ou denegar as axudas, e o seu acordo seralles notificado a todos/as os solicitantes.
3.2.COMISIÓNDE VALORACIÓN E SEGUIMENTO
Existirá unha Comisión de Valoración das solicitudes e Seguimento das subvencións concedidas, que estará composta por:
• Concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá.
• Xefe do servizo de Promoción Económica e Emprego.
• Dous/Dúas técnicos/as do Servizo de Promoción Económica e Emprego.
Dita comisión, formada por un número par de membros, contará co voto de calidade do concelleiro, que será resolutivo. O Xefe do servizo actuará como secretario.
A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá será a encargada de avaliar as solicitudes, e tramitará aquelas que reúnan os requisitos contidos nestas bases, e así mesmo, levará o control, seguimento e inspección das axudas concedidas.
Para as accións de control, seguimento e inspección a comisión de valoración e seguimento e a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá poderán requirirlle aos/ás empresarios/as e/ou as pequenas e medianas empresas beneficiarias a documentación necesaria co fin de comprobar que se cumpren as condicións para as que se concedeu a subvención.
BASE 4ª.SOLICITUDES, OBRIGAS E PRAZO DE PRESENTACIÓN
4.1.SOLICITUDES
As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, presentadas segundo modelo normalizado (Anexo I e Anexo I bis), presentaranse no Rexistro Xeral do concello ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As solicitudes dirixiranse á Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, e deberán ir acompañadas da seguinte documentación (orixinal ou copia compulsada previamente no Servizo de Promoción Económica e Emprego do concello- 4ª planta):
No caso de persoas xurídicas: CIF da empresa. DNI ou NIF e poder suficiente para actuar en nome da sociedade do/a representante que asina a solicitude. Copia cotexada da escritura de constitución da empresa debidamente inscrita no Rexistro Mercantil. No caso de profesionais autónomos: DNI.
No caso de sociedades civís e comunidades de bens: CIF da sociedade e contrato de constitución.
Alta no IAE da empresa ou empresario/a individual que solicita a axuda e, no caso das Sociedades Limitadas de Nova Empresa (SLNE) o documento único electrónico (DUE).
Alta no correspondente réxime da Seguridade Social e vida laboral dos/as empresarios/as traballadores/as.
No caso de que se xustifique contratación:
DNI e vida laboral das persoas traballadoras contratadas.
Contrato/s de traballo, debidamente rexistrado/s na correspondente oficina do Servizo Público de Emprego (SPE).
Alta na Seguridade Social das persoas traballadoras.
Solicitude de licenza de apertura e licenza de obras, cando sexa necesario para o desenvolvemento da actividade.
Copia compulsada das facturas dos gastos para os que se solicitou a subvención.
Relación das facturas presentadas relacionadas cos gastos subvencionables recollidos na Base 1ª, punto 4 (Anexo IX).
Certificados de estar ao corrente nas súas obrigas coa Seguridade Social, coa Consellería de Facenda e a AEAT (Agencia Estatal de Administración Tributaria) da sociedade e de todos/as os/as socios/as.
Ficha de solicitude de transferencia bancaria (Anexo II).
Declaración xurada das axudas solicitadas ou percibidas e das que se van solicitar para esta actividade en concreto (Anexo III).
Declaración expresa de aceptación das actuacións de comprobación do Concello de Vigo que acorde a Comisión de Valoración e Seguemento (Anexo IV).
Memoria xustificativa do proxecto empresarial debidamente cuberta cunha previsión a 3 anos (Anexo V).
Declaración de non estar incurso/a nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a previstas no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (Anexo VI).
De ser o caso, certificado de discapacidade ou xustificante de ter recoñecida unha incapacidade permanente, en grao total ou gran invalidez. De ser o caso, documentación acreditativa da pertenza a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
Certificados ou calquera documento que o/a solicitante estime oportuno para a súa avaliación.
Cando a solicitude non reúna os requisitos esixidos, ou falte algún documento que segundo a base 4ª resulte esixible, requirirase á/ás persoa/as interesada/as para que no prazo de 10 días subsane a falla ou aporte os documentos preceptivos, con indicación de que, si así non o fixera, se lle tendrá por desistido da súa solicitude, arquivándose ésta previa resolución que deberá ser dictada nos termos previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
4.2.OBRIGASE PRAZO
Dacordo co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obrigas da empresa beneficiaria:
• Cumprir oobxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
• Acreditar, no momento da solicitude da axuda, que se atopa ao corrente das súas obrigas fiscais coa Consellaría de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), así como fronte á Seguridade Social.
• Non procederá o pago da subvención en tanto o beneficiario non acredite estar ó corrente no pagamento das súas obrigas fiscais e para coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.
• Comunicarlle ao Concello de Vigo calquera modificación das condicións que se tiveron en conta no momento da concesión, así como dos seus compromisos e obrigas.
• Declarar as subvencións e axudas concedidas ou solicitadas polo mesmo concepto procedentes de calquera outra administración.
• O beneficiario deberá someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que se leven a cabo pola Comisión de Valoración, a quen corresponderá a comprobación destas subvencións, e facilitará a esta e, á Intervención Municipal, Tribunal de Contas e Consello de Contas toda a información que reclamen no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións, para o cal deberá conserva-los documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 1 de agosto de 2011.
A documentación relativa aos proxectos que non resulten subvencionados, poderá ser retirada das dependencias municipais polos solicitantes, no prazo de tres meses dende a publicación do acordo. Transcorrido dito prazo, a administración municipal non estará obrigada a súa custodia.
BASE 5ª.CONCESIÓN DAS AXUDAS E TRAMITACIÓN DO PAGAMENTO
1. A Xunta de Goberno Local será o órgano competente para decidir sobre a concesión ou denegación das axudas, previo informe da Comisión de Valoración.
2. O prazo para resolver será, como máximo, de catro meses dende o último día de prazo de presentación das solicitudes no Rexistro Xeral do concello.
Transcorrido o devandito prazo de catro meses sen que a Xunta de Goberno Local dicte resolución expresa, entenderase que é desestimada a petición da axuda. Esta desestimación presunta poderá ser recorrida en reposición no prazo de tres meses máis. Trascorrido este último prazo unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, sen prexuízo, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. A resolución do procedemento notificarase ós solicitantes no prazo de dez días dende a resolución de concesión ou denegación, de acordo co previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá formularse, de forma potestativa, recurso de reposición, no prazo de un mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os/as adxudicatarios/as das axudas están obrigados no prazo de dez días (naturais) a contar desde o seguinte ao da notificación a comunicar á Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá a aceptación ou renuncia das axudas por escrito, transcorrido o cal sen manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.
1. Unha vez concedidas as axudas ou subvencións, faranse efectivas nun pagamento único, condicionadas a presentación da seguinte documentación:
a) Unha relación clasificada dos gastos totais, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e, no seu caso, data de pago. Nas facturas se computará o gasto acreditado deducido o IVE, salvo que a entidade acredite que está exenta de IVE, xa que en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación (Anexo IX).
b) Facturas orixinais polo importe total da subvención outorgada. Ditas facturas deberán conter os seguintes requisitos esixidos legalmente:
• Número e no seu caso serie.
• Nome e apelidos ou denominación fiscal.
• Número de identificación fiscal (NIF ou CIF).
• Enderezo (tanto do expendedor como do tomador da factura).
• Descrición detallada cos prezos unitarios, se é o caso, da operación, adquisición ou contraprestación.
• Se está suxeito a IVE, deberán consignarse os datos necesarios para calcular a base impoñible e sinalar o tipo de imposición. Nas facturas emitidas por entidades exentas de IVE, achegarse o documento xustificativo de tal situación.
• Lugar e data de emisión.
• Nas facturas emitidas por profesionais, a pertinente retención do IRPF.
• Para posibilitar o control da concorrencia de subvencións, todos e cada un dos documentos orixinais que se devolvan ao beneficiario da subvención deberán ser estampillados polo Servizo de Promoción Económica e Emprego, mediante un selo existente ao efecto no que se indica a subvención para cuxa xustificación foron presentados e se o importe do xustificante imputouse total ou parcialmente á subvención, e a contía exacta que resulta afectada pola subvención.
c) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financien a actividades subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia (Anexo X).
d) Declaración xurada do perceptor (Anexo XI), acreditativa dos seguintes extremos:
• Que os xustificantes acreditativos dos gastos que se presenten se aplicaron á actividade subvencionada.
• Que foron abonadas aos seus expedicionarios ou, no seu caso, aos titulares do dereito que incorporan.
• Que a entidade está ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa facenda pública do Estado, da Xunta de Galicia, do Concello de Vigo e coa Seguridade social (conforme ao estipulado no art. 31.7.e) da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia).
• Cando se xustifiquen gastos que constitúan rendementos incluídos no ámbito de aplicación do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e suxeitos á retención, que foi practicada a pertinente retención, así como que a mesma foi declarada, liquidada e ingresada na Axencia Estatal de Administración Tributaria.
e) Fotografía do cartel informativo da subvención que será subministrado polo servizo de Promoción Económica e Emprego.
O prazo para a presentación desta documentación será de 10 días naturais contados a partir da data na que se notifique a concesión das correspondentes axudas.
O servizo xestor, Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, que tramita a concesión levará a cabo a comprobación da subvención, informando da adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinou a concesión ou aproveitamento da subvención no momento do pago, sen prexuízo do seguimento do mantemento das condicións ou tratamento da subvención no prazo de dous anos esixidos.
BASE 6ª.PUBLICIDADE
6.1.PUBLICIDADEDA CONVOCATORIA E DAS BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DAS AXUDAS
A presente convocatoria coas bases reguladoras da concesión das axudas para o ano 2011 do "Programa de axudas municipais á creación de empresas", enmarcado dentro do Plan municipal de emprego do Concello de Vigo publicarase no correspondente diario oficial, nos xornais de maior tirada da cidade e na páxina web www.vigo.org, unha vez aprobada pola Xunta de Goberno Local; as antecitadas bases reguladoras e convocatoria e os seus modelos normalizados para a presentación de solicitudes facilitaranse na Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá (Casa do Concello - 4ª planta), na páxina web www.vigo.org, e nas dependencias de información do Concello de Vigo.
6.2.PUBLICIDADEDAS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS
As axudas que se concedan ao abeiro das presentes bases e convocatoria serán publicadas no correspondente diario oficial, cando a súa contía sexa de 3000€ ou superior, con expresión da convocatoria, crédito orzamentario ao que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención. Os/as solicitantes ás/aos que se lles conceda a subvención terán dereito a que non se fagan públicos os seus datos persoais cando a publicación poda ser contraria ao respecto e salvagarda do dereito ao honor, intimidade persoal e imaxe.
Ademais desta publicación para as axudas de contía igual a 3000€, o listado de tódalas axudas que se concedan será publicado, coas devanditas indicacións, na páxina web www.vigo.org e exposto no taboleiro de anuncios da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá.
As bases reguladoras desta convocatoria e os seus modelos normalizados para a presentación de solicitudes facilitaranse nas dependencias de información do Concello de Vigo, e na Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá e tamén na páxina web www.vigo.org do concello.
6.3.PUBLICIDADEDO FINANCIAMENTO PÚBLICO
Os/as beneficiarios/as das subvencións obxecto desta convocatoria deberán poñer no seu local un cartel de forma visible no que se indique que a actividade está financiada polo Plan Municipal de Emprego do Concello de Vigo. O cartel será subministrado polo Servizo de Promoción Económica e Emprego.
BASE 7ª.TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Os datos persoais que deban facilitar os/as solicitantes das axudas ó serán aos efectos de comprobar a concorrencia dos requisitos necesarios para obter as ditas axudas e serán tratados aos exclusivos efectos da concesión das mesmas, sendo responsable do tratamento dos datos a concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá.
BASE 8ª.PERDIDA DO DEREITO AO COBRO, RENUNCIA, NULIDADE E REINTEGRO. RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
1. PERDA DO DEREITO AO COBRO
O incumprimento por parte do/a beneficiario/a da subvención de calquera das obrigas, requisitos, condicións e demais circunstancias que produciron o seu outorgamento, a variación da finalidade da actuación, a insuficiente xustificación do proxecto, así como a obtención concorrente doutras axudas compatibles ou incompatibles dará lugar, en cada caso, á perda do dereito ao cobro da subvención, á redución da contía da mesma ou ó reintegro total ou parcial das cantidades percibidas máis os correspondentes xuros de demora dende o momento do seu pagamento, sen menoscabo das sancións, que de ser o caso, resulten esixibles.
2. RENUNCIA
O/a beneficiario/a poderá renunciar voluntariamente á subvención nas condicións que establece a normativa legal de aplicación.
3. NULIDADE, REINTEGRO, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Canto ás causas de nulidade e anulabilidade do acordo de concesión das axudas e de reintegro das mesmas estarase ao disposto no artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En particular a percepción doutras axudas incompatibles coas que son obxecto destas bases dará lugar ao reintegro da axuda municipal, cos correspondentes xuros de demora desde o momento do seu pagamento, salvo que acredite, durante a tramitación do procedemento de reintegro, a renuncia e devolución da axuda incompatible coa municipal.
Canto ás infraccións e sancións en que poidan incorrer os beneficiarios destas axudas e procedemento para a súa imposición estarase ao disposto no Título IV da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no RD 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aprobou o Regulamento do Procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
BASE 9ª.NORMATIVA DE APLICACIÓN
A concesión destas axudas rexerase pola Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións e o RD 887/2006, de 21 de xuño, polo que se aprobou o seu regulamento, nos seus preceptos básicos; a lexislación básica do estado en materia de réxime local; a Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aprobou o seu regulamento; os preceptos non básicos da Lei 38/2003 e do RD 887/2006; polas bases reguladoras que se conteñen na presente convocatoria, polas Bases de Execución dos vixentes orzamentos municipais; as restantes normas de dereito administrativo, e no seu defecto, as normas de dereito privado.
BASE 10ª.DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
1.PRIMEIRA
As accións incluídas nesta convocatoria financiaranse con cargo á asignación orzamentaria 2410 470.00.00 "Programas de axudas á inserción laboral" do presuposto municipal para o ano 2011, cun importe total de 100000€.
2.SEGUNDA
A presente convocatoria e as axudas outorgadas ao abeiro dela cumprirán as directrices establecidas na comunicación da Comisión relativa ás axudas de "minimis".
BASE 11ª.DISPOSICIÓN FINAL
Estas bases entrarán en vigor a data seguinte á da súa aprobación en Xunta de Goberno Local. As solicitudes correspondentes poderán presentarse a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
O Concello de Vigo quedará exento de calquera responsabilidade civil, mercantil, laboral ou calquera outra derivada das actuacións á que estean obrigadas as persoas ou entidades destinatarias das subvencións outorgadas.
Vigo, a 9 de xuño do 2010.O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor Rodríguez Díaz.

No hay comentarios:
Publicar un comentario