Bases das axudas municipais escolares de libros e comedor nos centros públicos e privados con concerto, curso 2011-2012. Expte. 61511/301.
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 18 de abril de 2011, adoptou o seguinte acordo:
BASES DAS AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES DE LIBROS E COMEDOR NOS CENTROS PÚBLICOS E PRIVADOS CON CONCERTO, CURSO 2011-2012. EXPTE. 61511/301.
Dita convocatoria é como segue:
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (SEGUNDA ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA, DO CONCELLO DE VIGO, CURSO 2011/2012.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A constitución española, no seu artigo 39, considera a obrigatoriedade dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.
A Lei 7/1985, reguladora de bases de réxime local, no seu artigo 25.2.k e a Lei 5/1997, de administración local de Galicia, no seu artigo 80.2.k, establecen a competencia dos municipios na prestación de servizos sociais e de promoción e inserción social.
Pola súa parte, o Estatuto de Autonomía de Galicia lexitima a actuación lexislativa da comunidade Autónoma no campo da protección da familia, infancia e adolescencia, nos títulos de competencia xenéricos de asistencia social e de promoción do desenvolvemento comunitario (artigo 27).
A Lei 13/2008, do 3 de decembro de 2008 atribúe aos concellos, entre outras competencias, a creación e xestión dos servizos sociais de atención primaria (servizosde atención comunitaria na vova Lei). Do mesmo xeito, determinase en ambas leis que as administracións poderán concederr axudas económicas para apoiar o coidado de menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir un mínimo de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social.
A Lei 3/1997, do 9 de xuño, de protección xurídica, económica e social da familia, establece como un dos principios reitores da actuación dos poderes públicos, o de desenvolver unha política integral de apoio á familia que teña en conta as súas necesidades básicas, tales como a vivenda, a educación, a cultura e o traballo, aplicando para a consecución destes fins medidas tanto preventivas como paliativas.
O artigo 5 da citada Lei 3/1997, atribúe competencias aos municipios en materia de protección á familia, infancia e a adolescencia, para o que os concellos actuarán directamente no ámbito familiar achegando recursos e prestacións ás familias que presenten aspectos carenciais.
O proxecto de axudas municipais escolares de libros, material escolar e comedor leva facéndose no concello de Vigo hai mais de vinte anos, observándose un crecemento tanto na demanda coma no seu orzamento. Van destinadas a alumnos/as matriculados en centros docentes públicos e privados concertados, empadroados e pertencentes a unidades familiares en situacións carenciais.
Por todo isto convocase a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor, no marco xurídico definido da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os preceptos básicos da lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como o Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
PRIMEIRA.OBXECTO E FINALIDADE
É obxecto da presente convocatoria regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias do alumnado de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (segunda etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso 2011-2012.
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas.Os programas subvencionables serán:
1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa).
2. Axudas para comedores escolares (setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
Estas axudas outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.
O fin último das subvencións é o de favorecer a integración socio laboral dos pais, nais, titores ou acolledores, apoiando a unidade familiar que, por escasez de recursos económicos, non poden afrontar o custo do servizo.
SEGUNDA.CONTÍA
A contía da presente convocatoria ascende a un total de 700.000 € na partida 2310.4810000 do orzamento de gastos, tanto no ano 2011, 283.000 euros, como no 2012, 417.000 euros, coa seguinte distribución: 40.000 € para libros e material escolar (educación infantil 2ª etapa) e 660.000 € para axudas de comedor.
TERCEIRA.PUBLICIDADE E PRAZO
A publicación das presentes bases e a resolución das axudas realizarase no taboleiro de anuncios do concello, nas unidades de Traballo Social (uTS) e na páxina de internet www.vigo.org. Anunciarase, igualmente, no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria, así como o prazo de presentación de solicitudes, que será reiterada por medio de anuncios nos medios de comunicación.
O prazo de presentación de solicitudes fixase do 2 ao 13 de maio de 2011, ambos inclusive.
As axudas que se concedan a través desta convocatoria, publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e das uTS nos restantes casos, con expresión do alumno/solicitante/expediente/colexio/finalidade da subvención (libros, material escolar ou comedor) e a resolución recaída (concedidadenegada ou lista de espera). CUARTA.BENEFICIARIOS
O programa para comedores escolares da presente convocatoria engloba tres tipos de beneficiarios, agrupados nas modalidades A e B que deben reunir os requisitos que se sinalan:
Modalidade A.Por convocatoria ordinaria, reunindo os requisitos establecidos na base sexta
Modalidade B.con carácter excepcional, co fin de dar protección as situacións carenciais ou excepcionais do alumnado que se poderán presentar ao longo do curso escolar, unha vez resoltas as axudas da convocatoria ordinaria, poderán solicitarse axudas con carácter excepcional, debidamente xustificada polos técnicos do Departamento, ante a comisión de Valoración a que alude a base décimo primeira, e a conseguinte aprobación da Xunta de Goberno Local, sempre e cando cumpran os requisitos para solicitar, acheguen a documentación requirida, reseñen a causa da excepcionalidade da solicitude e exista disponibilidade orzamentaria. unhavez resolta pasará a formar parte da lista de espera única proviniente da convocatoria ordinaria.
Os beneficiarios estarán matriculados, no curso 2011/2012, en centros públicos ou con concerto pleno nos niveis de:
• Educación Infantil (2ª etapa) 3 a 5 anos
• Educación Primaria 6 a 12 anos
Educación Secundaria Obrigatoria 12 a 16 anos
As subvencións que se outorguen en calquera das modalidades, realizáranse en réxime de concorrencia competitiva.
Os beneficiarios da modalidade B integraranse na lista de espera existente, proviniente da convocatoria ordinaria, en función da renda per cápita obtida.
QUINTA.COMPATIBILIDADE
As axudas municipais escolares de libros, material escolar e comedor son incompatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade de organismos públicos ou privados, agás as que concede o concello de Vigo a través das FOANPAS e a consellería de Educación da Xunta de Galicia para comedor, comprometéndose o solicitante a comunicar e/ou reintegrar o concedido polo concello de Vigo, no caso de ter percibida outra axuda
Os alumnos/as tutelados/as pola Xunta de Galicia tampouco poderán acceder as axudas de libros, material escolar e comedor. No caso de ter axuda de comedor concedida e seren tutelados pola Xunta, esta sería revocada.
SEXTA.REQUISITOS
Serán requisitos necesarios para solicitar as axudas:
• A unidade familiar deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no concello de Vigo (a comprobación realizarase polo propio Departamento de Benestar Social).
• convivir cos alumnos/as para os que se solicitan as axudas.
• Estar matriculado ou ter reserva de matrícula para o curso escolar da respectiva convocatoria.
• conrespecto á axuda de comedor débese contar con praza no mesmo, de non ser así aínda tendo concedida a axuda non se fará efectiva.
• Que os/as alumnos/as para os/as que se solicitan as axudas estean matriculados en centros públicos ou con concerto total, en segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
• Ter presentado a solicitude e documentación durante os prazos estipulados.
• Que a renda per cápita bruta anual da unidade familiar non exceda do importe do IPREM, que equivale ao 125% do subsidio básico da Renda de Integración Social de Galicia para o ano 2011, equivalente a 7.455,14 euros anuais. No caso de non existir datos dos ingresos da unidade familiar, computarase como mínimo familiar o equivalente ao subsidio básico da Renda de Integración Social, 6.390,12 euros anuais.
• Que os centros educativos para os que se solicita a axuda estén ubicados no termo municipal de Vigo.
Para os efectos destas axudas entendese por unidade familiar:
a) A formada polos cónxuxes e os seus descendentes, que convivan habitualmente.
b) Nos casos de separación legal, viuvez, familia monoparental ou unión de feito sen vínculo matrimonial, a formada polos respectivos titulares cos seus descendentes, que convivan habitualmente.
c) A formada polo posible beneficiario e seus acolledores de feito ou de dereito, que convivan habitualmente.
d) A separación transitoria motivada por razóns de estudo, traballo, tratamento médico ou outras causas similares, non rompen a convivencia para estes efectos.
SÉTIMA.SISTEMAS DE SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN
a) Os solicitantes, independentemente de que obtivesen axuda na convocatoria anterior, deberán participar como demandantes de nova convocatoria, para o que subscribirán impreso de solicitude segundo modelo I, asinado por todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos.
b) Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do solicitante, e dos membros maiores de 16 anos.
c) Fotocopia do libro de familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas datas de nacemento.
d) Para os/as alumnos/as de Educación Infantil (2ª etapa) que soliciten, libros e material escolar, aportarán un xustificante do centro educativo no que se faga constar que para o curso 2011/12 están matriculados/as ou teñen reserva de matrícula neste nivel educativo.
e) Para os/as alumnos/as de Educación Infantil (2ª etapa), primaria ou secundaria obrigatoria que soliciten axudas de comedor, aportarán un xustificante do centro escolar no que se faga constar que teñen interese no servizo de comedor para o curso 2011/2012.
f) Fotocopia da certificación do grao de discapacidade no caso de que algún fillo da familia este afectado por ela, ou resolución de invalidez.
g) No suposto de resultar beneficiario das axudas de libros e material escolar no momento de recibir o talón presentará factura xustificativa orixinal.
OITAVA.FORMALIZACIÓN DE SOLICITUDES
Os solicitantes das axudas consideradas nas presente bases presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro Xeral Municipal ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.
NOVENA.TRAMITACIÓN E REPARACIÓN DE ERROS
A instrucción do procedemento de concesión das axudas convocadas, correspóndelle ao Departamento de Benestar Social, que recibirá as solicitudes e comprobará os requisitos esixibles e a documentación acreditativa, e si fora o caso, requirirá para subsanación da solicitude ou documentación perceptiva de acordo co establecido no art. 71.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas, para que no prazo de 10 días hábiles, enmiende a falta ou acompañe os documentos requiridos; informaráselle de que, de non o facer, teráselle por desistido da súa petición, tras a resolución que deberá ser ditada nos termos do artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. DECIMA.CRITERIOS DE VALORACIÓN
As solicitudes valoraranse tendo en conta a renda per cápita dos compoñentes da unidade familiar do ano 2010. No caso de existir un menor na unidade familiar cunha discapacidade recoñecida entre o 33% e o 65%, este fillo computará por dous membros, no caso de que a discapacidade sexa superior ao 65% este fillo computará por tres membros.
A lista de concesión farase por orden inverso ao da contía da renda per cápita da unidade familiar, de menor a maior contía. No caso de igualdade de ingresos, concederase por maior número de membros da unidade familiar.
DÉCIMO PRIMEIRA.COMISIÓN DE VALORACIÓN
A comisión de Valoración quedará integrada polo/a concelleiro/a Delegado/a que actuará de presidente; o xefe de área de Acción Social; a xefa de Servizo, técnica responsable do programa e a técnica do departamento xurídico administrativo que actuará como secretaria. Este órgano colexiado emitirá informe no que se concrete o resultado da avaliación.
DÉCIMO SEGUNDA.CONCESIÓN E RESOLUCIÓN DAS AXUDAS
O/a instrutor/a do procedemento avaliará as solicitudes de conformidade cos criterios e valoración que se determinan na base décima, e fará constar expresamente que da información que obra no seu poder, se desprende que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás subvencións. O/a instrutor/a do procedemento solicitará unha avaliación previa dos/as profesionais responsables das unidades de Traballo Social.
Rematada a instrucción do expediente, este remitiráselle á comisión de Valoración establecida na base undécima.
A proposta de resolución conterá a relación na que se indicará todos os solicitantes que participan na convocatoria, os/as alumnos/as, renda per cápita anual, expediente, colexio, curso, concepto (libros, material escolar e comedor), resolución das axudas, co seu estado de concedido, denegado ou lista de espera.
• concedidas.Reseñarase a subvención individual de cada beneficiario, tendo en conta que o importe total das mesmas no poden superar o crédito consignado.
• Denegadas.Farase constar algúns dos seguintes motivos: A solicitude foi presentada fóra de prazo. Non aportan a documentación requirida. Non estar empadroados. Matriculado nun centro privado sen concerto. Supera os ingresos. O centro non conta co servizo de comedor. O/A alumno/a non está matriculado/a. Por non cumprimento do requisito de excepcionalidade. Lista de espera: coa seu correspondente orde, por renda per cápita
A Xunta de Goberno Local, a proposta da instrutora do procedemento, previo informe da comisión de Valoración, acordará a aprobación definitiva das subvencións con cargo á partida 2310.4810000 "Becas libros, material escolar e comedor" do orzamento de Benestar Social concello do ano 2011 e 2012, por uns importes máximos de 40.000€ para axudas de libros e material escolar de Educación infantil (2ª etapa) e 660.000 € para comedor do curso 2011/2012. DECIMO TERCEIRA.CONTÍA, PAGAMENTO DAS AXUDAS E XUSTIFICACIÓN
1.CONTÍAPARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Educación infantil (3, 4 e 5 anos) ....................75,00 €/alumno/a
O pagamento destas axudas realizarase dunha soa vez por medio de cheque bancario, tras a presentación de facturas orixinais. Ditos cheques aboaranse no Departamento de Benestar Social do concello de Vigo ata o 30 de outubro de 2011.
Nos casos especiais e tendo en conta a situación social da familia subvencionada, o pagamento da axuda, tras a delegación escrita do beneficiario, aboaráselle ao/a profesional da uTS ou programa correspondente, que disporá o pago da contía que se subvenciona directamente no establecemento subministrador do material escolar.
2.CONTÍAPARA COMEDOR
O prezo da praza de comedor será comunicado polo centro escolar, previamente deducidas as subvención recibidas ou pendentes de recibir, para a mesma finalidade, ao Departamento de Benestar Social do concello,
A axuda municipal de comedor, por mes e alumno/a será como máximo de 41 €.
Nos meses de decembro de 2011 e abril de 2012, aboarase o 70% do custo total mensual do comedor, en lugar do 100% por ter menos dias lectivos.
A diferencia, de habela, entre o prezo da praza e a axuda municipal deberá ser pagada polo pai, nai ou titor.
3.PAGAMENTODAS AXUDAS DE COMEDOR
As axudas concédense ás familias e pagaranse aos centros, que actuarán como entidades colaboradoras nos termos previstos na Lei 38/2003, xeral de subvenciones, e na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Os centros asumen o compromiso de xestionar a aplicación dos fondos, de acordo a súa finalidade, responsabilizándose de comunicar as baixas e os traslados dos/as alumnos/as beneficiarios/as ao Departamento de Benestar Social.
4.PAGOÁ ENTIDADE COLABORADORA E SEGUIMENTO DAS AXUDAS
O pago realizarase mediante transferencias dende a conta habilitada 2080-0000-74-0040242619 do Departamento de Benestar Social á conta corrente de cada un dos centros educativos cos que se conveña a colaboración para a xestión destas axudas.
A xustificación dos ingresos na entidade colaboradora acreditarase mediante o soporte documental da transferencia.
As propostas de aboamento aos centros educativos faranse de xeito anticipado en tres prazos:
O primeiro, ao longo do primeiro trimestre do curso escolar, por un importe máximo estimado correspondente ao 40 por 100 do importe correspondiente á resolución definitiva de beneficiarios/as. O segundo, no segundo trimestre do curso escolar, ata completar un importe máximo correspondente ao 80 por 100 de todas as becas efectivamente concedidas para o curso escolar, previo reaxuste das cantidades abonadas no primeiro pago.
O terceiro, no último trimestre do curso escolar, ata completar o 100 por 100 do importe total de todas as becas, en función das necesidades reais satisfeitas nos pagos anteriores e previo reaxuste da cantidade concedida nos mesmos.
unhavez finalizado o curso escolar, a dirección do centro certificará a utilización do servizo de comedor durante todo ou parte do curso por parte dos/as alumnos/as beneficiarios/as e a aplicación dos fondos recibidos ao pago dos servizos de comedor, achegando á mesma os listados de firmas dos pais, nais e/ou titores. No pago do segundo e terceiro aboamento regularizaranse os correspondentes axustes debidos aos traslados ou renuncias dos alumnos/as beneficiarios/as, tendo que reintegrar, en todo caso as cantidades que correspondan as baixas producidas e non cubertas con alumnos/as da lista de espera.
O traslado de centro docente o longo do curso dentro do municipio, non supón para o beneficiario, a perda da axuda, sempre e cando, no novo centro exista dispoñibilidade de praza e sexa comunicado ao Departamento de Benestar Social para a súa autorización. O traslado, de producirse, surtirá efectos a partir do primeiro día do mes seguinte.
Se o/a alumno/a trasladarase sen finalizar o mes a outro centro, será a familia a que se faga cargo do abono do comedor.
De producirse baixas entre os beneficiarios das axudas escolares de libros, material escolar e comedor, estas serán cubertas por outros alumnos, que téndoa solicitada por calquera das modalidades fixadas na claúsula cuarta, atópanse na lista de agarda con menor renda per cápita, independentemente do colexio ao que pertenza, sempre que exista crédito.
DÉCIMO CUARTA.RECLAMACIÓNS
O prazo de resolución e de notificación non excederá de seis meses contados desde o inicio do prazo de presentación de solicitudes.
A resolución do procedemento notificaráselles aos interesados conforme ao previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
O vencemento do prazo máximo sen terse notificada a resolución lexítima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.
Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adoptan na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado si transcorre outro mes sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do contencioso Administrativo tal como prevé o artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses.
Os prazos contaranse a partir do día seguinte da publicación.
Contra a resolución individual poderán interpoñerse recursos potestativos de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación da resolución no tablón de anuncios do concello e das unidades de Traballo Social.
DÉCIMO QUINTA.OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
Serán obrigas dos beneficiarios das subvencións, ademais das previstas nestas bases e convocatoria e das sinaladas no artigo 11 da Lei de Subvencións de Galicia, as que seguen:
utilizaro servizo de comedor todo o mes, agás causas xustificadas.
comunicaro Departamento de Benestar Social ou ó centro educativo as baixas.
O cumprimento das normas establecidas no regulamento interno do centro educativo para o servizo de comedor ao que pertence o alumno/a, o consello Escolar do centro poderá adoptar as medidas que crean oportunas. Se a medida adoptada fose a expulsión do servizo de comedor, a axuda suspenderase polo tempo que esta dure.
O pai, nai ou titor está obrigado a asinar os listados da axuda de comedor no centro escolar no que estea matriculado o alumno/a.
O aboamento por parte do pai, nai ou titor da diferencia, de existir, entre o prezo real do comedor e a axuda percibida.
DÉCIMO SEXTA.REVOCACIÓN E RÉXIME SANCIONADOR
a) No caso das axudas de libros e material escolar, revocarase a subvención concedida cando esta non fora destinada ao fin para o que foi concedida.
b) No caso de axudas para comedor, cando o concello teña coñecemento da ausencia a éste sen causa xustificada, por un período continuado de catro días, ou tres alternos no período dun mes, poderá sancionarse o/a alumno/a coa suspensión temporal ou definitiva para o curso 2011-2012. A suspensión comezará sempre o primeiro día do mes e de tratarse dunha suspensión temporal, o reinicio será tamén a primeiros do mes estipulado.
c) Todasas demais causas de reintegro que conten o Título II da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
DÉCIMO SÉPTIMA.NORMA FINAL
En todo aquelo non previsto nas presentes bases, serán de aplicación as normas básicas da Lei xeral de subvencións e da Lei de subvencións de Galicia sobre causas de invalidez (artigo 36 LXS e 32 LSG), causas e réxime de reintegro da subvencións (artigo 37 LXS e 33 LSG), réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións e, en xeral, con carácter pleno ou supletorio, no non previsto, a Lei xeral de subvencións e o seu regulamento de desenvolvemento, RD 887/2006, de 21 de xuño; a lexislación básica do Estado de réxime local; a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia; as bases de execución do orzamento do concello de Vigo para o ano 2011; as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.
E para que así conste e produza os seus efectos, emito a presente certificación coa salvidade do artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, de orde do Excmo. Alcalde, en Vigo a dezaoito de abril do ano dous mil once.V. ePr., o Alcalde, Abel caballero Álvarez.

No hay comentarios:
Publicar un comentario