¿Te ha gustado el blog? Qué tal si nos regalas un +1

sábado, 13 de noviembre de 2010

ADMINISTRACION LOCAL VIGO

Concurso de creación artística “Eu tamén podo 2010”

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 22 de outubro de 2010, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Aprobar as bases que se achegan para a I edición do concurso de creación artística “Eu tamén podo 2010” dirixido a todas as persoas, residentes e/ou nacidas en Vigo, con discapacidade, e a todas aquelas entidades ou asociacións con sede social no concello de Vigo relacionadas coa promoción das persoas con discapacidade.

Dita convocatoria e como segue:

BASES DO CONCURSO

1. OBXECTIVO E TEMA

O obxectivo do certame é facilitar a participación socio-cultural, dinamización das persoas con discapacidade a través da arte, ademáis de sensibilizar aos cidadáns sobre os seus aspectos positivos.

O tema será libre.

2. MODALIDADES

O concurso comprende catro modalidades de participación: creación literaria

1. fotografía

2. Pintura

3. Debuxo

3. formato

Os traballos deberán cumprir as seguintes especificacións:

CREACIÓN LITERARIA:

Existirá liberdade de xénero, polo que se admitirán tanto poesías (ben soltas ou poemarios) en calquera dos formatos: contos, relatos de ficción, reportaxes literarios, pezas dialogadas, ensaios ou artigos.

As obras presentarase por duplicado, en lingua galega, convenientemente grapadas ou encadernadas e co título. A extensión non poderá ser superior a 8 páxinas, en fonte Tahona, Verdara ou comic Sans, tamaño 12-13 e interlineado de 1,5.

FOTOGRAFÍA:

As fotografías poderán ser en branco e negro, e en cor, o tamaño será maior de 15x20 cm.

Poderán entregarse en calquera dos dous formatos de fotografía: dixital ou analóxica.

1. As imaxes dixitais realizaranse en formato tiff. Deberán ter unha resolución mínima de 300 píxeles por pulgada. Poderanse entregar en formato dixital ou en papel.

2. As fotografías analóxicas deberán presentarse en papel.

PINTURA:

A pintura será de técnica libre, en algún dos seguintes materiais: óleo, acrílico, acuarela.

As medidas das obras non serán inferiores ao tamaño folio nin superiores a 130x130cm. Os lienzos é recomendable presentalos enmarcados.

DEBUXO:

O debuxo será de técnica libre.

4. CONDICIÓNS XERAIS:

Os traballos serán inéditos e orixinais e non poderán ter sido premiados noutro concurso.

O tema dos traballos será libre.

Os concursantes poderán participar como máximo con dúas obras por cada modalidade excepto en fotografía. Na modalidade de fotografía permitirase presentar como máximo 3 obras cuxo tamaño será maior de 15x20cm.

Estabelecerase categorías de participación por cada modalidade:

a) Adulto: para aqueles que superen os 18 anos o 26 de outubro de 2010.

b) Asociacións ou entidades relacionads coa promoción das persoas con discapacidade, as cales poderán representar a un o varios dos seus membros.

As entidades ou asociacións deberán acreditar a súa vinculación coas persoas con discapacidade presentando fotocopia dos Estatutos ou documento xustificativo de tal relación.

O xurado reuniráse o día 30 de novembro de 2010, para o estudo das obras presentadas e emitirá o fallo definitivo antes do día 3 de decembro. No caso de producirse un empate procederase da seguinte forma:

— Persoas físicas: resultará gañadora a persoa que teña unha maior porcentaxe no grado de discapacidade.

— Persoa xurídica: procederase a un sorteo

O xurado, que será único para as dúas modalidades, terá a seguinte composición:

— Presidenta concelleira de Benestar Social do concello de Vigo

— Vocal concelleiro de cultura do concello de Vigo ou persoa en quen delegue

— Vocal Periodista ou escritor

— Vocal fotógrafo

— Vocal Debuxante

— Vocal Pintor

— Vocal Un membro do consello de Accesibilidade que non represente a unha asociación de discapacidade

— Secretaria Técnico/a da Área de Benestar Social (sen voz nen voto)

O xurado valorará tanto a calidade como a orixinalidade e creatividade dos traballos. O xurado poderá deixar deserto algún premio e ningún premio poderá ser dividido.

Os gañadores dos premios ceden os dereitos de reprodución e distribución da obra en calquera das súa formas. O concello de Vigo mencionará o autor da obra no caso de publicación.

Os autores das obras non premiadas poderán retiralas no prazo dun mes dende a data de concesión dos premios, recolléndoas no mismo enderezo de entrega. A partir do prazo indicado, as obras non retiradas serán destruídas ou pasarán á disposición do concello de Vigo. O concello de Vigo resérvase o direito de quedarse en propiedade coa fotografía, pintura, debuxo ou creación literaria que obteña o primeiro premio de cada modalidade.

O mero feito de participar no concurso supón a aceptación plena das bases.

5. PROCEDEMENTO

O procedemento para a concesión do premio será o de concorrencia competitiva que se iniciará de oficio tras a aprobación das presentes bases e convocatoria pola Xunta de goberno Local.

6. SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN

O prazo para a recepción dos traballos comezará a partir da publicación das bases deste concurso no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP) e finalizará o día 26 de novembro de 2010 ás 13.30h,

Ningún traballo presentado levará indicación da identidade do autor. Todos os traballos presentaranse, por tanto, con lema ou pseudónimo e a correspondente plica. Dentro do sobre grande incluirase un sobre pequeno pechado no cal se indicará “Eu tamén podo 2010”, o título da obra ,o pseudónimo ou lema, e conterá no seu interior unha copia do anexo correspondente. A segunda copia do Anexo será selada e servirá de comprobante da entrega da obras.

Os traballos presentaranse no Rexistro Xeral do concello de Vigo, en horario de 09.00h a 13.30h, ou por algún dos procedementos previstos no artigo 38.4 Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Senón se presentan no Rexistro Xeral do concello de Vigo, haberá que remitir fax á concellería de Benestar Social notificando a súa presentación. O fax ó que hai que remitilo é o número 986 222 533.

Unha vez presentadas as obras comprobarase toda a documentación solicitada. Si non estivese completa solicitarase a documentación que falte, e a misma deberá ser completada como máximo para o día 29 de novembro de 2010 ás 13.30h. No caso de non achegar a documentación solicitada quedará excluído da participación no concurso.

Para poder participar na I edición do concurso de creación artística “Eu tamén podo 2010” as persoas físicas presentarán o Anexo I e as persoas xurídicas o Anexo II que se anexan nestas bases.

7. PUBLICIDADE

A presente convocatoria, coas bases reguladoras da I edicón do concurso de creación artística “Eu tamén podo 2010”, serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do edificio municipal e na páxina web www.vigo.org,unha vez aprobada pola Xunta de goberno Local.

8. ÓRGANOS COMPETENTES PARA A INSTRUCIÓN E RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO E PRAZO PARA A NOTIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN

1. A concellería de Benestar Social será a encargada da instrución do procedemento relativo I edición do concurso de creación artística “Eu tamén podo 2010”, e a Xunta de goberno Local será o órgano competente para conceder o premio a proposta do xurado.

2. A concesión do premio notificarase ás persoas que se presenten no prazo de dez días a partir da data de concesión, de acordo co previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.

3. A resolución da Xunta de goberno Local, sobre concesión dos premios da I edición do concurso de creación artística “Eu tamén podo 2010”, esgota a vía administrativa e contra a mesma poderá interpoñerse recurso de reposición ante a Xunta de goberno Local no prazo dun mes a contar do día seguinte ó da súa notificación, ou ben directamente recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de dous meses desde o seguinte ó da notificación, de acordo co artigo 116 da lei 30/1992, de 26 de novembro e 8.1 e 46 da Lei Reguladora da Xurisdición contencioso-Administrativa.

9. PAGAMENTO

1. O pagamento do Premio, tramitarase a partir dun mes contado dende o día seguinte ó outorgamento pola Xunta de goberno Local de non existir recurso ningún, e de existir recurso, tras de seren cumpridos os prazos legais para a súa resolución.

2. Antes de proceder ao pago da cantidade relativa ó premio, o gañador deberá acreditar estar ó corrente no pagamento das súas obrigas fiscais e non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro, o que poderá realizar por medio dunha declaración responsable.

3. Dotación dos premios:

Entre os 100 e os 250 euros.

Ao importe de cada un dos premios aplicaráselle as retencións previstas na vixente lexislación tributaria.

11. TRATAMENTO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Os datos das persoas que se presenten ao premio, agás no relativo ó mesmo, serán tratados e protexidos de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común e na Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter Persoal, sendo responsable do seu tratamento a concellería de Benestar Social do concello de Vigo.

A persoa (ou persoas) beneficiaria do presente premio poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a concellería de Benestar Social do concello de Vigo.

12. NORMATIVA APLICABLE

A participación nesta convocatoria supón a aceptación das presentes bases, que se rexerá pola Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de galicia; a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, nos seus preceptos básicos; a lexislación básica do estado en materia de réxime local; os preceptos non básicos da Lei Lei 38/2003 e do Real Decreto 887/2006; as Bases de Execución do Orzamento do concello de Vigo para o ano 2009, as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.

I EDICIÓN DO CONCURSO DE CREACIÓN ARTÍSTICA EU TAMÉN PODO 2010

ANEXO I (PERSOA FÍSICA)

— Pseudónimo ou lema

— Nome e apelidos

— Enderezo

— Teléfono de contacto

— fotocopia do certificado de discapacidade

— fotocopia do documento nacional de identidade

— Título da obra

Don/a………………………………………………………………………… expresa o seu desexo de participar na I edición do concurso de creación artística “Eu tamén podo 2010” convocado polo concello de Vigo, a través da área de Benestar Social, aceptando as bases do concurso.

(Cubrirase un impreso por cada obra que se presente)

ANEXO II (ENTIDADES OU ASOCIACIÓNS)

— Pseudónimo ou lema

— Nome da asociación ou entidade

— Enderezo

— Teléfono de contacto

— fotocopia compulsada do cIf

— fotocopia compulsada dos estatutos selados

— Título da obra

A asociación ou entidade…………………………………………………………………………expresa o seu desexo de participar na I edición do concurso de creación artística “Eu tamén podo 2010” convocado polo concello de Vigo, a través da área de Benestar Social, aceptando as bases do concurso.

E para que así conste e produza os seus efectos, emito a presente certificación coa salvidade do artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, de orde do Excmo. Alcalde, en Vigo a vinte e tres de outubro do ano dous mil dez.

Vigo, a 28 de outubro de 2010.—A concelleira-Delegada de Benestar Social, Marí Xosé Méndez Piñeiro.—V. e Pr., o Alcalde, Abel caballero Álvarez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario