¿Te ha gustado el blog? Qué tal si nos regalas un +1

viernes, 1 de octubre de 2010

GALICIA, Axudas para os de Cangas do Morrazo.

Bases reguladoras da convocatoria do ano 2010 do programa de axudas municipais acreacion de empresas de economia sociale promocion do emprego autonomo.base 1ª. obxectoe ambito de aplicacion
Boletín Oficial de Pontevedra. Número 190 de 1 de Octubre de 2010
Con data de 15 de setembro de 2010, a Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas, acordou aprobar as “Bases Reguladoras da Convocatoria do ano 2010 do Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas de Economía Social e Promoción do Emprego Autónomo”.
Pola presente faise público que ditas bases, co texto íntegro, exporanse ó público no taboleiro de anuncios do Concello de Cangas a unha vez aprobado na Xunta de Goberno Local, abríndose o prazo de presentación de solicitudes o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no B.O.P., e o prazo de solicitudes pecharase ós 20 días hábiles a contar dende o día seguinte a esta publicación.

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO2010 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS ÁCREACIÓN DE EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIALE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO.BASE 1ª. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
1. FINALIDADE
A presente disposición (“Programa de axudas municipais á creación de empresas de economía social e promoción de emprego autónomo”), ten por obxecto fixa-las bases que regulan a concesión de axudas municipais para o fomento da creación de empresas no ámbito do Concello de Cangas, en réxime de concorrencia competitiva, polo que a súa concesión realizase mediante a comparación das solicitudes presentadas co fin de establecer unha prelación entre as mesmas dacordo cos criterios previamente fixados nestas bases, e adxudicar as subvencións segundo as valoracións.
A finalidade destas axudas é a de colaborar dunha forma activa na loita contra o desemprego e deste xeito apoia-la posta en marcha de novos proxectos empresariais, xeradores de emprego, incidindo no ámbito das empresas de economía social (cooperativas e sociedades laborais), e na promoción do emprego autónomo.

2. BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
As empresas de economía social (cooperativas e sociedades laborais) de nova creación, e os empresarios/as autónomos/as, que inicien a súa actividade laboral entre o 1 de setembro de 2009 e o 31 de agosto de 2010, que creen cando menos un posto de traballo estable por conta propia ou allea.
As persoas físicas ou xurídicas beneficiarias da axuda no ano 2009 non poderán acceder ás do ano 2.010
Os traballadores e traballadoras autónomos/as ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as destas axudas formando parte de comunidades de bens ou sociedades civís, sempre que as soliciten a título persoal. Deberán neste caso, acredita-la súa pertenencia a esta comunidade de bens ou sociedade civil, e a súa porcentaxe de participación, mediante presentación de estatutos de constititución, escritura, ou documento equivalente, o cal figura requerido no Anexo II da presente convocatoria.
Para os efectos desta axuda, entenderase como data de inicio da actividade laboral a data da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade profesional.
REQUISITOS:
1. Desenvolve-la actividade e te-lo seu domicilio fiscal e social en Cangas. 2. Ser viable técnica, económica e financeiramente.
3. Xerar, alomenos, un posto de traballo estable, incluído o autoemprego.
4. Non ter débedas coa Seguridade Social, coa
Consellería de Facenda, coa AEAT, nin co Concello de Cangas.
3. TIPOS E CONTÍAS DE AXUDAS
As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte do investimento inicial e gastos de posta en marcha da empresa.
O importe máximo desta axuda é de 1.200,00 € para empresas de economía social e como máximo de 500,00 € para cada traballador/a autónomo/a individualmente considerado/a, que parta dunha situación inicial de desemprego inmediatamente anterior á súa alta no réxime de autónomos da seguridade social, sen poder superar os 1.200€ en cómputo global no caso das comunidades de bens.
As cuantías non poderán superar os límites que estas bases establecen para cada un dos conceptos considerados obxecto de subvención, nin tampouco exceder da contía do 50% do importe do investimento inicial realizado polos/as promotores/as.
Os conceptos subvencionables corresponderán ós 3 meses anteriores e/ou 3 meses posteriores á data de inicio de actividade, e serán, esencialmente, os seguintes:
a) Gastos necesarios para a constitución do negocio como poden ser:
1. O custo do proxecto técnico necesario para a concesión da licenza de apertura e de obras.
2. O custo do notario/a, avogado/a e rexistradores na elaboración dos estatutos da sociedade.
3. Publicidade de lanzamento.
4. Gastos de asesoría por realización de trámites de constitución e posta en marcha da actividade.
5. Estudios de mercado e auditoría.
A subvención máxima neste apartado será do 50% do investimento en gastos de constitución, cun tope de 500,00 € no caso de empresas de economía social e 100,00€ para autónomos.
Non se terán en conta para o cálculo da subvención os impostos e/ou taxas públicas.
b) 1.- Investimento inicial en activo fixo:
Inmaterial
1. propiedade industrial
2. fondo de comercio
3. dereitos de traspaso
4. aplicacións informáticas
Material 1. construcións
2. instalacións técnicas
3. maquinaria
4. utillaxe
5. outras instalacións
6. mobiliario
7. equipos para proceso de información
8. elementos de transporte
9. outro inmobilizado material
Para este caso, e seguindo o artigo 31.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións estes bens deberán estar destinados á actividade das empresas de economía social e dos empresarios autónomos alomenos cinco anos en caso de bens inscribibles nun rexistro público e dous anos para o resto de bens. No caso dos bens inscribibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, debendo ser obxecto estes extremos de inscripción no rexistro público correspondente. O incumprimento da obriga de destino, que se producirá en todo caso coa enaxenación ou o gravame do ben, será causa de reintegro nos termos establecidos na Lei.
2.Outrosgastos derivados do acondicionamento do local de negocio.
A subvención máxima neste apartado (b.1 + b.2) será do 50% do importe total, cun tope de 700,00 € para empresas de economía social e 400,00 € para os autónomos/as.
O investimento deberá ser xustificado sempre na súa totalidade, non podendo en ningún caso ser menor do indicado na solicitude de concesión da axuda.
BASE 2ª. INCOMPATIBILIDADES
- O conxunto de axudas desta convocatoria son compatibles con calquera outra concedida por administracións públicas, empresas públicas ou privadas, nacionais e internacionais.
A subvención, aisladamente ou en concurrencia con outras axudas, públicas ou privadas, non poderá exceder do 100% do coste da actividade ou gastos que se presenten para a xustificación da subvención concedida. Se así fose, este feito daría lugar a unha modificación da resolución da concesión. Asimesmo, toda alteración das condicións para a concesión da subvención poderá dar lugar, no seu caso, á modificación do acordo da concesión.
BASE 3ª. SOLICITUDES OBRIGAS E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, cubertas no modelo normalizado habilitado para tal fin do anexo I e o anexo II desta resolución, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999.
As solicitudes dirixiranse á Concellería de Desenvolvemento Local, Emprego, Comercio e Novas Tecnoloxías, e deberán ir acompañadas da seguinte información, que se presentará en orixinal ou copia compulsada:
DNI e acreditación do NIF, se o solicitante é empresario/a individual, ou CIF, cando se trate de persoas xurídicas.
No caso de persoas xurídicas, DNI e poder suficiente para actuar en nome da sociedade do representante que asina a solicitude.
Declaración Censual da empresa ou empresario/a individual que solicita a axuda e, no caso de sociedade, acompañada de copia cotexada da escritura de constitución da empresa debidamente inscrita no Rexistro de cooperativas.
Alta no correspondente réxime da Seguridade Social
Vida laboral dos/as solicitantes.
No caso de que se xustifique contratación estable:
a) DNI dos/as traballadores/as contratados/as.
b) Vida laboral dos/as traballadores/as contratados/as.
c) Alta dos/as traballadores/as na Seguridade Social.
d) Contrato/s de traballo
Copia compulsada das facturas dos investimentos ou gastos realizados xunto co seu correspondente xustificante bancario do pagamento dos servizos prestados.(Subvencionaranse os investimentos e gastos realizados nos 3 meses anteriores e/ou 3 meses posteriores á data de inicio da actividade).
Certificados de estar ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, na Consellería de Facenda, na AEAT e no Concello de Cangas.
Ficha de solicitude de transferencia bancaria (ANEXO III).
Declaración expresa de aceptación das actuacións de comprobación do Concello de Cangas que acorde a Comisión de Seguimento (ANEXO IV).
Memoria xustificativa do proxecto empresarial debidamente cumprimentada. (ANEXO V) Calquera documento que o solicitante estime oportuno para súa avaliación.
Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, ou non se achegase a documentación esixida, requirirase ó interesado/a para que, no prazo de 10 días hábiles, enmende a falta ou presente os documentos preceptivos, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O método de notificación desta falta de documentación ou erros na mesma, será en todo caso, a publicación de listado provisional informativo no taboleiro de anuncios do Concello de Cangas, non realizándose comunicación individualizada nos enderezos dos/das solicitantes.

OBRIGAS E PRAZO
1. Esta convocatoria será publicada no taboleiro de anuncios do Concello unha vez aprobada pola Xunta de Goberno Local, abríndose o prazo de presentación de solicitudes o día da publicación da presente convocatoria no BOP.

2. O prazo de presentación de solicitudes pecharase ós 20 días hábiles a contar dende ó día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Para aqueles casos de alta na Seguridade Social feitas a partir do 1 de agosto de 2010, o prazo de presentación a efectos exclusivos de facturas e xustificantes de gasto, ampliarase ata o día 2 de novembro de 2010.
Non se terán en conta as solicitudes que se reciban fora de plazo, con independencia do procedemento que se emplee, nin as que non se presenten no modelo oficial.
3. As axudas tramitaranse por orde de presentación.
4. A Comisión de Valoración e Seguimento poderá esixir ós/as beneficiarios/as, previo ó pago da subvención, calquera outra documentación que considere oportuna para a xustificación do investimento ou outro punto relacionado coa actividade empresarial.
BASE 4ª. COMPETENCIA E PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN
1. Instrución e tramitación das axudas
1) A instrucción do procedemento corresponderalle a Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, a cal realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales formulará proposta de resolución. Tamén será o encargado de requirir ós solicitantes a subsanación de deficiencias.
2) Evaluadas as solicitudes polo instructor segundo os criterios, formas e prioridades establecidos nestas bases elevarase a unha comisión de valoración e seguimento que se recolle no punto posterior.
3) O instructor, trala acta da Comisión, formulará proposta de resolución provisional, debidamente motivada.
No caso de que na valoración a comisión ou o instructor utilizaran datos diferentes dos aportados polos interesados abrirase un prazo de dez días para todos os interesados para que os mesmos poidan presentar alegacións se así o estiman oportuno. Tras examinar as alegacións presentadas polos interesados de ser o caso, oórgano instructor formulará proposta de resolución definitiva.
De non presentarse alegacións, ou no caso de que este trámite non fose necesario dacordo con esta base, a proposta de resolución provisional terá o carácter de definitiva debendo expresar o solicitante para os que se propón a concesión de subvencións e a súa contía, especificando a súa evaluación e os criterios de valoración seguidos para efectuala. Xunto coa proposta, o instructor emitirá un informe no que se estableza que da información que consta no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren con tódolos requisitos necesarios para acceder as mesmas.
2. Comisión de Valoración e Seguimento
Constituirase unha Comisión de Valoración e Seguimento, que estará composta por:
O/a Concelleiro/a Delegado/a de Desenvolvemento Local, Creación de Emprego, Comercio e Novas Tecnoloxías, que actuará como Presidente/a da mesma.
O/a Axente de Emprego e Desenvolvemento
Local do Concello de Cangas, que actuará como Secretario/a .
O/a Concelleiro/a de Xuventude que actuará como vocal
O/a administrativo/a da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, que actuará como vocal.
Designarase un suplente para esta Comisión de Valoración e Seguimento.
Esta comisión será a encargada de avaliar as solicitudes, tramitando aquelas que reúnan os requisitos contidos nestas bases, e elevar proposta de concesión á Xunta de Goberno Local.
BASE 5ª. CONCESIÓN DAS AXUDAS E TRAMITACIÓN DO PAGAMENTO
1. A proposta pasará á Intervención Municipal para que realice a fiscalización da mesma dacordo co Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
2. A partir da proposta do órgano arriba sinalado e tras emitir informe a Intervención Municipal a Xunta de Goberno Local concederá as axudas e subvencións mediante un acordo no que se especifique a relación de solicitantes ós que se lles concede a subvención e a desestimación das restantes solicitudes.
Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto no prazo dun mes dende o día seguinte ó da súa notificación dacordo co establecido no artigo 116.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal superior de Xusticia de Galicia dentro do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación, conforme ós artigos 8.1 y 46.1 da Lei 29/98, de 3 de xuño, Contencioso-Administrativa. De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este se resolverá e notificará no prazo dun mes segundo establece o artigo 117.2 da citada Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, dacordo co artigo 43.2 da Lei 30/92, pudendo entón os interesados interpoñer recurso contenciosoadministrativo dentro do prazo de seis meses contados dende o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, dacordo co artigo 46.1 y 4 de la 29/98.
O acordo de concesión non terá obrigatoriamente que distribuir a totalidade do crédito.
3. Unha vez concedidas as axudas ou subvencións, faranse efectivas nun pagamento único.
4. As concesións das devanditas axudas serán comunicadas ós/ás solicitantes no prazo de 3 meses dende o remate do prazo de presentación de solicitudes. No caso de non recibir contestación no prazo indicado, considerarase para tódolos efectos desestimada a solicitude, podendo recorrer dita resolución segundo o estipulado nos artigos 116 e 117 da Lei 30/92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, ante a Xunta de Goberno Local.
5. O acordo de concesión será exposto por un prazo de 30 días no taboleiro de anuncios do Concello onde recollerase as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario ó que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
BASE 6ª. OBRIGAS DO BENEFICIARIO
1.Cumpriro obxectivo, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións dacordo coa memoria presentada.
2.Xustificarante o Concello de Cangas, o cumprimento dos requisitos e condicións, así coma a realización da actividade e o cumprimento da finalidade pola que se concedeu a subvención.
3.Someterseás actuacións de comprobación e control financeiro que podan realizar os órganos de control competentes, aportando canta información lle sexa requerida no exercicio das actuacións anteriores.
4.Comunicaró Concello de Cangas a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto coma se coñeza.
5.Acreditar que está ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, na forma que se determine regulamentariamente, e sen perxuicio do establecido na disposición adicional décimoctava da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
6.Dispor dos libros, rexistros e/o documentos debidamente cumprimentados dacordo coa normativa aplicable ó beneficiario ou perceptor, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
7.Conservaros documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
8.Facerconstar naquelas actividades subvencionadas que así o permitan, ca mesma conta coa subvención do Concello. Na publicidade impresa deberá constar o escudo e nome do Concello de Cangas.
9.Procederó reintegro dos fondos percibidos nos supostos contemplados no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
10.Concarácter xeral, deberán desenvolver a actividade subvencionada no termo municipal de Cangas. 11.As persoas xurídicas deberán estar validamente constituídas e rexistradas.
BASE 7ª. PUBLICIDADE
Esta convocatoria será publicada no taboleiro de anuncios do Concello unha vez aprobada pola Xunta de Goberno Local, insertándose así mesmo no BOP o texto destas bases.
As sucesivas comunicacións referentes ó proceso de concesión de axudas serán publicadas no devandito taboleiro de anuncios, salvo a concesión das devanditas axudas que tamén serán comunicadas ós/ás solicitantes dacordo co establecido nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
Se no prazo de dez días o beneficiario non manifesta o contrario, entenderase que acepta a subvención quedando suxeito ás obrigacións derivadas da normativa sobre axudas e subvencións a entidades sen fines de lucro.
BASE 8ª. REVOGACIÓN
Procederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia do correspondente interese de demora dende o momento do pago da subvención ata que se acorde a procedencia do reintegro dacordo co establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
As cantidades a reintegrar terán carácter de dereito público.
BASE 9ª. INSPECCIÓN E CONTROL
O Concello de Cangas a través da Intervención Municipal poderá realizar as comprobacións que estime oportunas respecto das actividades subvencionadas e terá acceso a toda a documentación xustificativa das mesmas. Así mesmo, será de aplicación o Título III da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
BASE 10ª. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Estas Bases quedan en materia de infraccións e sancións ó disposto no Título IV da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
BASE 11ª. RÉXIME XURÍDICO APLICABLE
Estas bases e as subvencións que se concedan dacordo coas mesmas, efectuaranse de conformidade coa normativa aplicable seguinte:
1.Lei38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
2.Lei7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. 3.Lei5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia.
4.Lei9/2007, de 25 xuño, de subvencións de Galicia
5.RealDecreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
6.RealDecreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
7.Decreto11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o rgulamento da lei 9/2007, de 25 de xuño, de subvencións de Galicia.
7.Basesdo Orzamento do ano 2008, prorrogadas para o ano 2.010, para o Concello de Cangas, no que non sexa contrario ás normas arriba indicadas e o resto da normativa aplicable.
8.Demaisnormativa aplicable.
BASE 12ª. DISPOSICIÓN ADICIONAL
As accións incluídas nesta convocatoria financiaranse con cargo á partida orzamentaria 322.1.470.00 “Promoción de Emprego: transferencias correntes a empresas privadas” do orzamento do Concello de Cangas para o ano 2010 e o importe global ascende a 16.000,00 €.
Se unha vez adxudicadas as axudas e subvencións, resultase remanente de crédito, o Concello reserva para si a facultade de incrementalas axudas previstas neste regulamento ou efectuar convocatorias complementarias.
No caso de que sumadas tóda-las cantidades propostas coma subvención para as distintas subvencións, aquelas sobrepasasen a consignación total procederíase á modificación das mesmas aplicando reduccións proporcionais a cada unha delas para que a suma total non exceda a cantidade total.
Cangas, a 16 de setembro de 2010.O Alcalde en funcións, Héctor Fabián Otero Paredes. 2010010057

No hay comentarios:

Publicar un comentario