¿Te ha gustado el blog? Qué tal si nos regalas un +1

miércoles, 7 de marzo de 2012

convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012

ORDE do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece como un dos seus fins a capacitación para a comunicación na lingua oficial, na lingua cooficial e nunha ou máis linguas estranxeiras. No seu artigo 157 establece que corresponde ás administracións educativas fornecer os recursos necesarios para garantir a creación de programas de reforzo da aprendizaxe de linguas estranxeiras.

Esta consellería, consciente da importancia da aprendizaxe destas linguas para os cidadáns e cidadás da nosa Comunidade Autónoma e da preocupación que, neste sentido, se manifesta desde todos os ámbitos sociais, puxo en marcha o Plan de potenciación de linguas estranxeiras ao abeiro do Decreto 79/2010, que pretende dar continuidade a propostas anteriores como a anticipación da primeira lingua estranxeira no segundo ciclo da educación infantil e no primeiro ciclo da educación primaria, o programa CUALE e os programas de seccións bilingües, así como implantar novas propostas como a creación dos centros plurilingües.

Dentro do conxunto de medidas postas en marcha no curso escolar 2011-2012, o dominio de linguas estranxeiras constitúe un dos eixes vertebradores. Este conxunto de medidas, en liña coas recomendacións do Consello de Europa en materia de linguas, establece entre as súas finalidades fomentar o coñecemento de idiomas co obxecto de que o alumnado galego adquira unha competencia plurilingüe. Unha das súas principais accións é a promoción e desenvolvemento de estadías de escolares galegos e galegas noutros países ou en centros residenciais de Galicia, co fin de crear no alumnado a necesidade de empregar idiomas para se comunicar e para os utilizar en contextos reais, poñendo en valor a educación desde unha perspectiva intercultural.

Considerando o complexo proceso de xestión e as necesidades desta convocatoria faise imprescindible a achega de documentos relativos á identidade, excepcionalidade indicada no parágrafo terceiro do preámbulo da Orde do 7 de xullo de 2009, pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos (DOG do 10 de xullo).

Por todo iso, e dentro deste conxunto de medidas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto e ámbito da convocatoria.

O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación lingüística durante o ano 2012, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

Artigo 2. Actividades de formación convocadas.

1. As actividades que responden ao obxecto desta orde, e cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo VI, son actividades de formación e mobilidade para a mellora na competencia no uso das linguas estranxeiras.

2. O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2012, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2012-2013.

As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

A Administración resérvase o dereito de adxudicarlles destino ás persoas seleccionadas atendendo, na medida do posible, ás preferencias indicadas na solicitude.

3. A xestión e organización das actividades levarase a cabo por medio de empresas coa debida cualificación, contratadas para o efecto pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ocuparanse de ofrecer os recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, así como da contratación da oportuna póliza de seguros para a cobertura das persoas asistentes.

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, segundo as contías establecidos no anexo VI desta orde.

4. O custo total de cada actividade inclúe:

• Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos, para o alumnado que viaxe ao estranxeiro.

• Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade, desde o momento da saída ao do regreso.

• Os gastos de docencia e o material escolar.

• As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.

• Os gastos de mantenza e aloxamento.

• O certificado de realización da actividade.

• O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Artigo 3. Persoas beneficiarias e requisitos.

1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar cursando 6.º de educación primaria; 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da educación secundaria obrigatoria; 1.º ou 2.º de bacharelato e ciclos formativos de grao superior, que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no seu currículo, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2011-2012, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2010-2011.

c) Ter acadado no curso 2010-2011 unha cualificación mínima de ben, para o alumnado de educación primaria, e de 6 para o de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte, coa excepción do alumnado de 6.º de educación primaria. Aquelas persoas que non teñan nacionalidade española deberán contar co correspondente visado, tarxeta de residencia ou calquera outra exixencia requirida polo país ao que viaxa, segundo corresponda. O alumnado que viaxe ao estranxeiro deberá estar en posesión do pasaporte en vigor.

2. As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titores do alumnado menor de idade ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Financiamento e contías das axudas.

1. As axudas convocadas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 15.05.423A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012 por un importe de 1.952.455 euros.

2. A contía da axuda para cada actividade será a establecida no anexo VI, e será a resultante de aplicar en cada unha das actividades convocadas a diferenza entre o custo real e a achega que lle corresponda a cada un dos beneficiarios segundo a súa catalogación nalgún dos catro grupos establecidos de acordo co procedemento aplicado para a súa selección, segundo o anexo VII.

Artigo 5. Solicitudes, presentación e prazo.

1. As persoas que desexen optar á axuda deberán completar «en liña» o formulario electrónico que corresponda en función da actividade na que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http:/www.edu.xunta.es/axudasle. Unha vez cuberto este formulario, gravaranse os datos na aplicación «en liña», o que xerará un documento en formato Adobe Acrobat que a persoa interesada deberá imprimir, correspondente aos anexos I, II, III, V e, de ser o caso, o anexo IV.

2. A solicitude (anexo I), deberá asinarse polo solicitante (o pai, a nai ou a persoa que exerce a titoría, no caso de alumnado menor de idade ou polo alumno ou alumna maior de 18 anos). Posteriormente e antes do remate do prazo establecido neste artigo, deberá facerse o rexistro desta solicitude, xunto cos anexos II e III e, de ser o caso, o anexo IV, debidamente asinados, así como a documentación complementaria necesaria, na oficina de rexistro único e información (edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela), ou ben por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Así mesmo, tamén poderá presentarse na Sede Electrónica https:/sede.xunta.es/. Se a solicitude se remite por correo, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que na oficina de correos se faga constar o selo e a data antes de proceder á súa certificación postal.

3. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo cardinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 6. Colaboración dos centros educativos na difusión e participación nesta convocatoria.

1. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria remitirá aos centros educativos información en formato electrónico, sobre o procedemento de solicitude e de adxudicación de prazas, para a súa difusión entre o alumnado obxecto desta convocatoria.

2. A dirección de cada centro educativo arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta orde sexa coñecido por todos os sectores da comunidade educativa e entregaralle unha copia dela ao Consello Escolar, ao Claustro, ás ANPAS e, de ser o caso, ás asociacións de alumnado; así mesmo, expoñeranse no taboleiro de anuncios as listaxes provisionais e a definitiva de alumnado seleccionado.

3. O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina da internet http:/www.edu.xunta.es/axudasle

4. As direccións dos centros educativos sostidos con fondos públicos facilitarán na medida das súas posibilidades ao alumnado interesado e/ou ás súas familias o acceso á aplicación informática correspondente a este programa.

Artigo 7. Documentación.

1. Coa solicitude achegarase a documentación que se relaciona a continuación:

a) Certificación académica de matrícula do curso 2011-2012, así como das cualificacións de todas as áreas, materias ou módulos cursados no ano académico 2010-2011 e da nota media obtida. No caso dos centros concertados, en educación primaria e educación secundaria obrigatoria as certificacións serán asinadas polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato e de formación profesional, a certificación asinaraa o secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico e co visto e prace do director ou directora dese centro.

b) Autorización do pai e da nai ou do titor ou titora para coñecer os ingresos totais da unidade familiar, coa finalidade de poder recadar datos de carácter tributario ou económicos que lle fosen legalmente pertinentes da Axencia de Administración Tributaria relativos ao nivel de renda (IRPF). Esta autorización cubrirase segundo o anexo II. No caso de familias nas que, por circunstancia especial, igual ou similar ás descritas no anexo IV desta orde, deba constar só un proxenitor ou titor no anexo II, deberán acreditar documentalmente esta circunstancia e cumprimentar o anexo IV. No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable a aquel deles que non conviva co alumno ou alumna. Non obstante, no seu caso, terá a consideración de membro computable e sustentador principal, o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, as rendas e patrimonio do cal incluiranse dentro do cómputo da renda e patrimonio familiar. Na medida en que a través deste sistema a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poida dispoñer destas informacións, non se lles exixirá aos interesados a achega individual de certificacións expedidas pola Axencia de Administración Tributaria.

Aquelas persoas das que non se poida recadar datos a través da Axencia de Administración Tributaria, deberán xustificar documentalmente os seus ingresos correspondentes á totalidade do ano 2010.

c) Declaración de non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade, segundo o modelo que figura no anexo III.

d) Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia terá que presentarse documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar. No suposto de non convivencia de ambos os proxenitores, deberase acreditar que o solicitante convive cos fillos.

e) Fotocopia do DNI da nai, do pai ou do titor ou titora e do solicitante. Este requisito exceptuará ao alumnado menor de 14 anos. As persoas que non teñan a nacionalidade española achegarán fotocopia do NIE ou tarxeta de residencia.

2. A presentación da solicitude de axudas pola persoa interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar a información necesaria á Axencia Tributaria, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

3. Os solicitantes que aleguen, no anexo I desta orde, as circunstancias familiares especiais referidas á pertenza a familia numerosa ou cun familiar con discapacidade, deberán achegar tamén a acreditación documental que precisen, dependendo do que queiran alegar nas súas solicitudes:

a) Fotocopia do título de familia numerosa, en vigor.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar en primeiro grao, fotocopia compulsada do certificado do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33% acreditado polo Equipo de Valoración e Orientación de Minusvalía (EVO) da Consellería de Traballo e Benestar, ou fotocopia da resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou de pensionistas de clases pasivas que acredite unha pensión de grande invalidez.

4. Non serán tidos en conta nin valorados os requisitos alegados e non xustificados documental e correctamente tal como se indica, nin os que se aleguen fóra do prazo establecido para esta convocatoria, nin os que conteñan emendas.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá requirir das persoas solicitantes en calquera momento aclaración da documentación presentada.

Para aquelas solicitudes que non acheguen os documentos anteriormente sinalados, requirirase ao interesado ou interesada para que, nun prazo de dez días naturais, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente nos termos previstos na citada lei.

Artigo 8. Aceptación das bases.

A presentación da solicitude implica a aceptación das bases da presente convocatoria.

Artigo 9. Comunicación.

Toda a información relacionada co estado das solicitudes ou coa adxudicación de prazas, centros, voos, viaxes e reunión coas familias, farase a través da páxina principal da web http:/www.edu.xunta.es/axudasle, que se actualizará periodicamente.

Artigo 10. Comisión de valoración.

A valoración das solicitudes e a proposta de selección das persoas beneficiarias desta convocatoria será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:

Presidencia: a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ou persoa en quen delegue.

Vogais: ata un máximo de catro vogais nomeados pola presidencia da comisión de selección, con categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou membros da Inspección Educativa.

Unha persoa funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretaria, con voz e sen voto.

A comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica especializada para os efectos de colaborar na valoración dos documentos achegados e na baremación.

Para os efectos previstos no artigo 26.2.º do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, esta comisión considérase incluída na categoría 3.ª.

Artigo 11. Criterios de selección.

1. A adxudicación de axudas e de asignación de prazas na actividade solicitada farase atendendo á puntuación total obtida por cada alumno, que resulte de aplicar o baremo establecido no anexo VII desta orde.

2. A adxudicación terá carácter de concorrencia competitiva, polo tanto non será dabondo para obter asignación de praza e axuda reunir todos os requisitos exixidos na presente convocatoria, senón obter tamén un número de orde que sitúe a persoa solicitante dentro das prazas que se van conceder.

Artigo 12. Procedemento de adxudicación de prazas.

1. Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a comisión de selección fará pública tres listaxes: unha na que se incluirán as solicitudes admitidas; unha segunda de solicitudes que precisan da subsanación dalgún aspecto; e unha terceira de solicitudes excluídas facendo constar as causas de exclusión.

Estas listaxes exporanse na web da convocatoria http:/www.edu.xunta.es/axudasle, na Oficina de Rexistro Único e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e remitirase para a súa publicación ás xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e aos centros de ensino primario e secundario obxecto do ámbito desta convocatoria.

2. A continuación abrirase un prazo de dez días naturais para emendar os erros e a falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias. As circunstancias da subsanación de erros ou falta de documentación poderanse consultar mediante o número do documento de identificación (DNI, NIE, etc.) da persoa solicitante na aplicación «en liña» dispoñible na páxina web http:/www.edu.xunta.es/axudasle. A falta de presentación da documentación á que fai referencia o punto 1 do artigo 7.º dentro deste prazo será motivo de exclusión da convocatoria. A falta de presentación da documentación á que fai referencia o punto 3 do artigo 7.º implicará que non sexan tidas en conta as circunstancias correspondentes no momento da baremación.

3. Transcorrido este prazo, e unha vez avaliados os documentos engadidos, publicaranse as listaxes provisionais de seleccionados e de suplentes, ordenados por puntuación por cada un dos cursos, e asignándolles a contía provisional correspondente de achega familiar, que poderá variar nas listaxes definitivas debido ás reclamacións a estas listaxes. Expoñaranse co mesmo procedemento indicado no punto 1. Nos casos en que se produzan empates na puntuación, o criterio de desempate será a menor renda per cápita.

4. De seguido, abrirase un prazo de 10 días naturais para formular reclamacións. Unha vez rematado o prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais e estudadas as alegacións presentadas, a comisión seleccionadora elevará a proposta definitiva.

5. No caso de non cubrirse o número de prazas nalgunha das actividades, por proposta motivada pola comisión de selección, a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá acordar a redistribución das prazas entre outras actividades.

6. As listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso, serán publicadas na páxina web http:/www.edu.xunta.es/axudasle. As persoas que facilitaron o seu correo electrónico recibirán por esta vía unha mensaxe na que se indicará o importe da achega da familia e os datos necesarios para o pago da correspondente cantidade. Logo abrirase un prazo de 10 días naturais para que os solicitantes remitan á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante correo ordinario (será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que na oficina de correos se poida facer constar o selo e a data, antes de proceder á súa certificación postal), a seguinte documentación:

- Aceptación ou renuncia á axuda segundo o anexo V.

- Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria que se indicará nas instrucións que se facilitarán aos solicitantes a través do correo electrónico e na web http:/www.edu.xunta.es/axudasle. Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia posterior. A non xustificación do ingreso da cantidade indicada, dentro do prazo, implica a renuncia á praza adxudicada.

- Fotocopia do pasaporte ou visado en vigor, para o alumnado que viaxa ao estranxeiro.

- Declaración de non ter concedida ningunha outra axuda coa mesma finalidade no momento de concesión da axuda, segundo o modelo que figura no anexo III.

As prazas vacantes seranlle ofertadas ao alumnado suplente por chamamento directo aos teléfonos indicados na solicitude, seguindo a relación publicada de suplentes.

Artigo 13. Renuncias posteriores á aceptación da axuda e reintegros.

1. Unha vez aceptada a axuda, mediante o pagamento da achega familiar, a renuncia posterior, salvo causa grave debidamente xustificada, implicará o pagamento do importe total do custo da estadía nos seguintes casos:

- Renuncia unha vez rematado o prazo estipulado no artigo 12.6 para a remisión da documentación necesaria para a aceptación da axuda.

- Non presentarse no punto de saída sinalado para o inicio da viaxe, no caso das actividades que se desenvolven no estranxeiro.

- Non presentarse o día do inicio da actividade, no caso das actividades que se desenvolven en Galicia.

- Non posuír a documentación necesaria para a realización da viaxe.

2. A obtención da axuda falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que a impedirían, así como a renuncia posterior á resolución definitiva, salvo casos debidamente xustificados, poderá supoñer, en aplicación do artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o reintegro do importe equivalente da axuda e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pago da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

Artigo 14. Obrigas e abandonos durante a realización da actividade.

1. Un comportamento non apropiado poderá supoñer a expulsión deste programa e o final da estadía, por causas de igual ou similar natureza ás seguintes:

- Incumprimento das leis do país ao que viaxan.

- Incumprimento das normas establecidas para o desenvolvemento da actividade.

- Consumo de alcohol e/ou de substancias ilegais.

- Automedicación sen autorización médica.

- Condutas disruptivas.

- Comportamentos asociais.

A expulsión do programa suporalle ao solicitante o pagamento do regreso e do custo total da actividade, así como, de ser o caso, do importe dos danos ocasionados ou derivados de ditas condutas.

2. No caso do alumnado que se atope realizando a estadía e decida abandonar o programa, sen unha causa grave debidamente xustificada, o solicitante asumirá os gastos ocasionados, incluíndo os de regreso, así como o importe total do custo da actividade.

Artigo 15. Resolución.

1. A persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolverá a relación final das persoas adxudicatarias e os importes das axudas concedidas.

2. A resolución definitiva de adxudicatarios publicarase no Diario Oficial de Galicia.

3. Contra a resolución definitiva de adxudicación, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Artigo 16. Recursos.

Contra esta orde as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición adicional.

Para os efectos do disposto na disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulamentan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, as persoas solicitantes deberán autorizar expresamente á Administración outorgante a inclusión e publicidade nos rexistros regulamentados no citado decreto dos datos básicos relevantes referidos ás axudas recibidas.

A reserva que o peticionario poida facer no senso de non autorizar a obtención de datos ou a publicidade dos datos nos rexistros, que en todo caso terá que se expresar por escrito, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou, noutro caso, á revogación do acto de outorgamento e, se procede, ao reintegro do importe concedido, segundo dispón a alínea 2 da citada disposición adicional.

De conformidade co artigo 13.4.º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Disposición derradeira primeira.

Autorízase á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar os actos e medidas necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde adáptase ás normas aplicables do texto articulado da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicada no DOG do 25 de xuño de 2007.

Disposición derradeira terceira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Esta norma contiene tablas, si quiere consultarlas pulse AQUÍ

ANEXO VII

Baremo, puntuación e determinación de achegas familiares

Criterios de puntuación:

1.º Nota media do expediente no curso 2010-2011: ata 10 puntos.

O criterio de selección que se terá en conta será o da nota media das cualificacións do expediente académico dos estudos realizados no curso 2010-2011 polo alumnado.

En educación primaria calcularase a media das cualificacións segundo a seguinte táboa de equivalencia numérica para a cualificación de cada área.

Táboa de equivalencias

Cualificación
Puntuación

Suficiente
5

Ben
6

Notable
8

Sobresaliente
10


En educación primaria, na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, o cálculo da nota media expresárase, no seu caso, cun decimal calculado mediante redondeo, facéndose constar este resultado no apartado correspondente os datos, incluído no anexo I de solicitude destas axudas.

Para o cálculo da nota media non se terá en conta a cualificación das ensinanzas de relixión, de acordo coa disposición adicional primeira do Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia; coa disposición adicional segunda do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia; e coa disposición adicional primeira do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para todos os niveis educativos, a baremación da nota media aplicarase segundo a seguinte táboa:

Nota media
Puntuación

5-5,9
5 puntos

6-6,9
6 puntos

7-7,9
7 puntos

8-8,9
8 puntos

9-9,9
9 puntos

10
10 puntos


2.º Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.

Aplícase unha puntuación ponderada e progresiva en función da renda per cápita da unidade familiar, segundo o seguinte cadro, calculada esta como suma dos ingresos da unidade familiar divididos entre o número de membros da mesma. Os ingresos da unidade familiar serán o resultado da suma dos importes dos recadros 455 e 465 da declaración da Renda do ano 2010. Forman parte da unidade familiar o/a pai/nai, titor/a do/a alumno/a solicitante e tamén os irmáns solteiros e menores de vinte e cinco anos que convivan no domicilio familiar, e os irmáns maiores de idade incapacitados xudicialmente.

A puntuación que se asignará segundo a renda per cápita se expresa na seguinte táboa:

Tramos de renda per cápita da unidade familiar:

Ata 3.962 euros
20 puntos

Superior a 3.962 e inferior a 7.606
16 puntos

Superior a 7.606 e inferior a 10.222
12 puntos

Superior a 10.222 e inferior a 11.450
8 puntos

Máis de 11.450
4 puntos


3.º Pertenza a familia numerosa: 2 puntos.

4.º Discapacidade dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao igual ou superior ao 33% ou pensionista de grande invalidez: 2 puntos.

5.º Non ter sido beneficario nunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 8 de marzo de 2011 (DOG do 11 de marzo): 1 punto.

Cálculo para determinación das axudas convocadas.

Segundo o establecido no artigo 4 da orde a contía da axuda para cada actividade será a establecida no anexo VI, e será a resultante de aplicar en cada unha das actividades convocadas a diferenza entre o custo real e a achega que lle corresponda a cada un dos beneficiarios segundo á súa catalogación nalgún dos catro grupos establecidos segundo o baremo aplicado para súa selección.

Para a catalogación en cada un dos 4 grupos dos beneficiarios séguese o seguinte procedemento:

1.º Coa listaxe definitiva de solicitantes ordenada segundo a puntuación obtida de maior a menor, asígnaselle a cada beneficiario/a unha praza no grupo correspondente seguindo a orde establecida na listaxe, tendo en conta que do total de prazas ofertadas por actividade o 40% resérvase para o grupo A, o 30% para o grupo B, o 20% para o grupo C e o 10% para o grupo D. En función da súa adscrición ao grupo correspondente fíxase a contía da achega familiar que lle corresponderá a cada beneficiario/a segundo o establecido no anexo VI para cada actividade.

2.º No caso de renuncias a listaxe corre segundo a orde numérica establecida na lista de agarda correspondéndolles aos/ás novos/as beneficiarios/as a achega familiar correspondente as prazas do grupo D.

No hay comentarios:

Publicar un comentario